O congreso de referencia mundial en transmisión de potencia sen fíos premia un traballo do CiTIUS

A distinción ‘Paper Award’ foi entregada ao investigador Javier Fernández Lozano en Yokohama (Xapón), na quinta edición deste encontro

O Congreso Internacional sobre Transmisión de Potencia por Fibra Óptica e Sen Fios (OWPT2023) vén de distinguir un traballo do CiTIUS, o ‘Paper Award’ da súa quinta edición; unha conferencia pioneira e considerada como o encontro científico de referencia global na transmisión de potencia láser, como demostra cada ano a presenza dos maiores expertos mundiais na área.

«A transmisión óptica sen fíos de enerxía consiste, en poucas palabras, en enviar enerxía a un receptor fotovoltaico a través dun láser», conta o primeiro autor, Javier Fernández Lozano. «Neste traballo, fomos quen de mellorar un 20% a eficiencia destes receptores, propoñendo novos materiais na súa construción», explica o investigador.

Publicidade

No artigo premiado, o equipo do CiTIUS modelizou e optimizou un tipo de receptores fotovoltaicos baseados na arquitectura VEHSA (a máis avanzada na actualidade), propoñendo como novidade o uso de novos materiais, como o carburo de silicio. «Con iso, non só conseguimos ampliar notablemente a eficiencia dos nosos dispositivos, senón que podemos converter potencias de láser moito maiores». O investigador predoutoral do CiTIUS destaca que estes resultados «abren o camiño cara a unha nova xeración de conversores de potencia láser ultra eficientes».

Respecto ao galardón, o doutorando recoñece que foi «un boost de motivación». «Neste congreso estaban presentes tódolos pesos pesados do noso campo, así que decidimos enviar algo con moito sustento… unha síntese do extenso traballo que vimos desenvolvendo ao longo dos últimos 2 anos», continúa. O labor chamou a atención dos responsables do congreso, que comunicaron a súa decisión dando os seus parabéns aos autores, «tras unha rigorosa revisión por parte do Comité do Programa OWPT2023». No traballo participaron tamén os investigadores do centro Natalia Seoane, Antonio García-Loureiro e Enrique Comesaña.

Publicidade

«O premio é un recoñecemento de que o camiño que eliximos ten futuro, e ademais percorrémolo con bo criterio», sinala Javier. «En resumidas contas, recibín o mellor antídoto para a eterna síndrome do impostor predoutoral», chancea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC evidencia a xenética “singular e diferenciada” do can de palleiro respecto doutras razas

A análise do ADN revela unha elevada diversidade, moderada consanguinidade e marcadores que permiten reforzar a súa conservación

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva