GCiencia estrea O Descodificador, un pódcast para entender mellor as tecnoloxías da información

O proxecto, en colaboración co CITIC, botará luz sobre as novas tecnoloxías da comunicación da man dos investigadores do centro da UDC

Como se mide a contaminación lumínica? É a primera pregunta á que quere contestar O Descodificador, no nóvo podcast de GCiencia, que se estrea este venres co obxectivo de entender mellor as tecnoloxías da información. O espazo conta coa colaboración do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e forma parte do proxecto colaborativo Coñece o CITIC.

Nesta primeira entrega do Descodificador, contaremos coa presencia de José Carlos Dafonte, director dun proxecto do CITIC que desenvolve un fotómetro para medir a contaminación lumínica, e de Daniel Boubeta, responsable da parte do proxecto que se centra nos dispositivos de medición. O seu fotómetro é máis barato que os que hai actualmente no mercado e tamén é de código aberto. Máis alá do seu uso por parte de institucións e afeccionados, os investigadores buscan concienciar a poboación sobre os riscos deste tipo de contaminación.

Publicidade

Nesta primeira temporada, o pódcast constará de oito episodios nos que os investigadores do CITIC abordarán os novos retos das tecnoloxías da información e a da comunicación, e achegarannos as principais investigacións e proxectos que se desenvolven no centro de investigación impulsado pola Universidade da Coruña. O podcast intégrase no proxecto global de GCiencia Coñece o CITIC, iniciado o pasado mes de abril, no que se abordan as actividades dos grupos de investigación que forman parte de centro e proxectos concretos dos mesmos.

O centro

O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade. 

Publicidade

Na actualidade, o CITIC está financiado pola Xunta de Galicia a través do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades galegas para o reforzo dos centros de investigación do Sistema Universitario Galego (CIGUS).

Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que o centro promove accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un home morre en Francia tras infectarse co virus Shamonda, o primeiro caso humano coñecido

Trátase dunha enfermidade que afecta principalmente ao gando, detectada en Europa este verán e xa notificada en España

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Descuberto un trisquel cun gravado petróglifo na Guarda, unha peza única en Galicia

O achado produciuse durante unha campaña da cooperativa Árbore Arqueoloxía no castro do Pico da Bandeira, onde tamén apareceu unha terceira vivenda circular

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos