A USC, a quinta universidade máis innovadora de España

A USC volve estar na lista das cen universidades máis innovadoras de Europa por segundo ano consecutivo, segundo a análise realizada por Reuters. A universidade galega é a quinta das 10 españolas incluídas nesta listaxe que “identifica e clasifica as institucións educativas que máis fan para avanzar na ciencia, inventar novas tecnoloxías e axudar a impulsar a economía global”, explican Reuters.

Para compilar o ránking das universidades máis innovadoras de Europa, identificáronse arredor de 600 organizacións globais que publicaron a maioría dos seus artigos en revistas académicas, incluíndo institucións educativas, organizacións benéficas sen ánimo de lucro e institucións financiadas polo goberno.

Publicidade

Do listado inicial, seleccionáronse aquelas institucións que tivesen presentado, como mínimo, 50 patentes ante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual no período 2010-2015. Logo, de cada universidade tivéronse en conta un total de 10 indicadores, nos que se presta especial atención a documentos académicos e solicitudes de patentes (que apuntan á capacidade dunha institución para aplicar a investigación e comercializar os seus descubrimentos).

As universidades españolas que aparecen na listaxe son: Barcelona (63ª), Autónoma de Barcelona (81ª), Valencia (82ª), Politécnica de Cataluña (84ª), USC (92ª), Sevilla (93ª), Politécnica de Madrid (96ª), Complutense (97ª), Granada (99ª) e Autónoma de Madrid (100ª).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tapar o cheiro dos peregrinos? Non, este é o verdadeiro propósito do botafumeiro da Catedral de Santiago

O divulgador de historia da arte El Barroquista desmonta unha crenza estendida e sinala que a súa función estaba ligada á solemnidade do templo

Non estaban tolas

Rescatados 23 testemuños de violencia machista dos arquivos do psiquiátrico de Conxo

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval