A USC lidera un consorcio europeo para buscar novos fármacos contra o cancro

O proxecto, que coordina Aswin Woodhoo dende o CiMUS, tamén desenvolverá terapias contra outras enfermidades intratables

Identificar novos obxectivos farmacolóxicos en enfermidades intratables como certos cancros, trastornos neurolóxicos, hepáticos ou enfermidades infecciosas é a finalidade da rede de doutoramento Marie Sklodowska-Curie RBP ReguNET: deconstrución e recableado de redes reguladoras de ARNS-RBP. Trátase dun consorcio europeo, coordinado desde o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC) por Ashwin Woodhoo, investigador distinguido contratado a través do programa Oportunius da Xunta de Galicia. A rede persegue aproveitar os novos descubrimentos en bioloxía da proteína de unión ao ARN (RBP) para tentar achar novas vías terapéuticas.

Buscando a nova xeración de investigadores europeos

Un total de 11 doutorandos de diferentes países de Europa (España, Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido e Países Baixos) foron seleccionados para comezar o desenvolvemento dos seus proxectos o próximo mes de setembro nos diferentes centros de traballo. Desde universidades, institutos singulares de investigación ou empresas de alto perfil científico-tecnolóxico darán cobertura, durante catro anos, ao desenvolvemento integral dos proxectos, tanto desde o punto de vista teórico como práctico e cun enfoque multidisciplinar que abarca desde a bioloxía computacional, estrutural, molecular e celular ata a química médica e detección farmacolóxica. “Trátase dun programa moi completo que busca proporcionar unha capacitación científica avanzada que dea lugar a un ecosistema da nova xeración de investigadores en Europa”, sinala o coordinador da Rede, Ashwin Woodhoo.

Publicidade

Tamén desde o centro singular da USC coordinarase o proxecto sobre a enfermidade hepática colestásica por parte de Marta Varela Rey, investigadora distinguida Sergio Vidal. O liderado compostelán complementarase ademais coas achegas da directora do CiMUS, Mabel Louza, a través da Fundación Kaertor.

Ademais da USC, outras oito universidades e centros de investigación pioneiros en Europa están representados en RBP ReguNET: o Centro de Regulación Xenómica, de España, o Instituto Curie (Francia), o Instituto Sanquin (Países Baixos), a Universidade de Glasgow (reino Unido), o EMBL (Alemaña), as universidades italianas de Trento e Milán e a empresa biotecnolóxica INMAGINA SRL de Italia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX