A contaminación lumínica vai moito máis alá de non poder ver as estrelas. De feito, as xeracións do futuro xa non poderán mirar cara ao ceo sen cegarse coa luz artificial. Urxe buscar unha solución o antes posible pero, para iso, é preciso saber cuantificar as dimensións do problema. Dende o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) están a deseñar uns dispositivos para determinar como de contaminado está o ceo. Como podemos medir a contaminación lumínica? é o primeiro episodio de O Descodificador, o novo pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. Participan os investigadores Juan Carlos Dafonte e Daniel Boubeta.

Estes fotómetros deseñados dende o centro coruñés non só buscan medir a contaminación lumínica, senón tamén concienciar a poboación dun problema crecente. Estudos recentes están demostrando que máis alá das dificultades de observación das estrelas, este tipo de contaminación está a ter un impacto na saúde das persoas, pero tamén na fauna. Ademais, o software co que funcionan estes fotómetros é de acceso aberto e non só vai destinado aos profesionais, senón tamén a afeccionados. Un paso máis para combater dende o local un problema global. E así nolo contan neste primeiro episodio de O Descodificador:

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

1 comentario

  1. Está moi ben tartar de medir o grao de contaminación lumínica, pero case mellor sería tratar de diminuíla, arbitrando medidas legais que impedisen o despilfarro enerxético como o que se produce por nadal en certas cidades do sur do pais. Aínda que, pensandoo ben, case sería mellor desenroscarlle a bombilla que ten por cabeza algún alcalde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.