A temperatura en Galicia en abril subiu 2,4 graos por enriba da media

O último informe de Meteogalicia confirma que o mes pasado foi o abril máis calido dende 2011

Galicia rexistrou un abril moi cálido e seco, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. O mes caracterizouse pola chegada bastante continua de masas de aire cálido procedentes do sur, que deixaron unhas temperaturas medias moi elevadas para este mes, particularmente, no caso das máximas no interior. En canto ás chuvias, houbo un déficit con respecto ao que sería normal en abril, pero non demasiado acusado, xa que a mediados do mes tivemos una situación de chegada de río atmosférico que achegou cantidades apreciables de chuvia.

Deste xeito, a anomalía media da temperatura para este mes de abril en Galicia, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 2,4 graos, o que o que supón que fose o abril máis cálido desde 2011.

Publicidade

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 19,2 graos, rexistrándose os valores máis altos nas localidades limítrofes co Miño, na provincia de Ourense, onde se se chegou ata os 25,1 graos. Pola contra, os valores máis baixos déronse no macizo de Manzaneda e Pena Trevinca, onde roldaron os 11 graos. No caso das temperaturas mínimas, a media foi de 7,2 graos. Os valores máis baixos rexistráronse na Limia —1 grao— e os máis altos no Morrazo —13,2 graos—.

As precipitacións

No que atinxe ás precipitacións, en xeral, quedaron por debaixo da media climática de abril, aínda que a anomalía non é tan importante como no caso das temperaturas. Non houbo moitos episodios de chuvia, pero algúns dos rexistrados a mediados de mes foron bastante activos e permitiron acumulacións significativas.

Publicidade

A precipitación media acumulada foi de 71 l/m2, un 44% inferior ao valor climático normal, o que fai que este mes poida considerarse moi seco. Cómpre salientar que a distribución das porcentaxes de precipitación foi moi irregular en todo o territorio galego, presentando zonas secas e outras lixeiramente húmidas ou próximas á normalidade. Así, os valores máis altos rexistráronse nas comarcas do Sar e do Xallas, onde se acadaron localmente os 196 l/m2; e os máis baixos, en Valdeorras -8 l/m2-. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A dobre ameaza das macrogranxas: unha segunda explotación agrava en Agolada o conflito dos nitratos

A publicación no DOG dun proxecto avícola para 80.000 galiñas eleva a 445.000 as previstas no concello e axita o fantasma da contaminación da Limia

Hub4Food reúne en Santiago de Compostela o futuro da innovación alimentaria mariña

A xornada, baixo o título 'O futuro da Industria Alimentaria na rexión Atlántica', presentou as iniciativas coas que varias pemes buscan innovar no sector alimenticio

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

CellCOM, o grupo galego que investiga a comunicación celular para combater o cancro

O grupo da UVigo, gañador do Premio GCiencia Galicia Spin-Off na categoría de Grupo de Investigación, busca comprender como funcionan as conexinas e que ocorre cando a súa actividade se altera