As tres universidades galegas, entre as 25 mellores de España

A revista Forbes valora a atención personalizada da UDC, as instalacións da USC e o Campus do Mar da UVigo

A revista Forbes acaba de publicar a lista das 25 mellores universidades de España en 2023, entre as que están as tres galegas: a Universidade da Coruña (UDC), a de Santiago de Compostela (USC) e a de Vigo (UVigo). A diferenza da clasificación publicada en 2022, onde as institucións académicas aparecían numeradas, en 2023 Forbes opta pola orde alfabética, polo que se descoñece que posto ostenta cada unha. En 2022, a USC conseguía a medalla de ouro, a UDC estaba a décima posición e a UVigo quedaba no posto 16.

UDC

A lista Forbes valora, entre outros aspectos, a calidade das instalacións e a educación personalizada que brindan as universidades galegas. Neste último punto salienta especialmente a UDC, da que valoran “ter un ratio de profesor/alumno próximo ao 1/10, o que permite unha formación altamente personalizada”. Amais disto, considérana unha “universidade de referencia a nivel nacional” pola súa “gran oferta” de plans de estudos e o seu “alto compromiso” coa avaliación continua para lograr a mellor formación do seu alumnado. Así mesmo, dende Forbes valórase que se fomente a proxección internacional dos seus estudantes.

Publicidade

Finalmente, no que respecta á UDC, enfatizan que a universidade contan con dous campus: o da Coruña e o de Ferrol, onde se ofrecen unha “ampla gama” de plans de estudos. Máis polo miúdo, conta con 19 graos, incluíndo dous programas abertos, 7 dobres graos e programas de simultaneidade de grao, como o de Bioloxía e Química, así como 57 títulos de máster.

USC

Da USC valóranse especialmente as súas instalacións, tanto deportivas como residenciais, e os seus acordos de mobilidade internacional. Tamén se enfatiza a alta cualificación do seu profesorado que, segundo apuntan dende Forbes, supera o 80% de doutorandos. “Cunha ampla oferta académica e unha destacada capacidade investigadora, foi valorada pola súa excelencia como unha das mellores universidades do Espazo Europeo de Educación Superior”, puntualizan dende a revista.

Publicidade

Dende un punto de vista máis cuantitativo, a USC ten dous campus, un en Santiago e outro en Lugo. Suma preto de 30 centros e 80 departamentos e a súa oferta académica confórmana 55 graos, 11 dobres graos, 77 títulos oficiais de máster, 59 programas de doutoramento e 28 másteres propios. “A Universidade de Santiago é unha institución pública comprometida coa preservación, xeración e difusión de coñecemento en conexión coas demandas e retos da sociedade actual”, salientan dende Forbes.

UVigo

No que respecta á universidade de Vigo, Forbes pon en valor o seu Campus do Mar e o seu labor de investigación, así como o “alto contido” de prácticas no seu programa formativo. Amais disto, a revista salienta a “aposta desta institución pola investigación e a formación integral do seu alumnado, sen perder de vista a sostibilidade económica, social e ambiental”. Forbes enxalza, de novo, o Campus do Mar, considerado Campus de Excelencia Internacional que agrupa a máis de 3.000 investigadores. Finalmente, a UVigo conta con tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo), onde ofrece 56 títulos de grao e 67 másteres oficiais, ademais de varios programas de doutoramento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro