Publicidade

Unha tese para fartarse de ostras sen levar un disgusto

Non sabemos se a doutora Laura María Pérez Rodríguez celebrou onte a súa tese cunha ducia de ostras. Pero si, que a súa investigación pode axudar a moitos a fartarse delas sen levar un disgusto. Porque o seu traballo “Desenvolvemento de métodos bioquímicos para a detección de ficotoxinas” ten funcións moi prácticas. A principal, a de desenvolver catro novos métodos para detectar en moluscos bivalvos varias toxinas que causan problemas gastrointestinais.

Este tipo de toxinas, como os azaspirácidos, non adoitan requerir intervención médica. E poden pasar desapercibidos para o sistema sanitario, pero non para os que consumen ostras, croques ou ameixas con estes compoñentes, que poden padecer problemas como náuseas e diarreas. Para evitar estes inconvintes, a tese de Laura Pérez desenvolve métodos para detectar as toxinas que poden ser empregados por persoal non cualificado.

Publicidade

A recente doutora incidíu na aplicabilidade do seus métodos.  Dirixida polos profesores do Departamento de Farmacoloxía da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo, Luis Miguel Botana e Natalia Vilariño, a tese permite sentar as bases para comezar un exercicio internacional de validación para poder introducir esta metodoloxía na investigación de existir a decisión política correspondente.

A autora da tese desenvolve diversos métodos de cuantificación para detectar e medir toxinas emerxentes no grupo das iminas cíclicas, así como dos correspondentes análogos funcionais -empregan o mesmo mecanismo de acción- de auga doce, as anatoxinas. Laura María Pérez Rodríguez, titulada previamente en Ciencias do Mar, tamén elaborou un método inmunolóxico para  cuantificar e detectar azaspirácidos, tal e como se coñecen unhas toxinas mariñas reguladas de difícil medida.

Publicidade

As inminas cíclicas non están reguladas, do mesmo xeito que ocorre coas anatoxinas, sen embargo a súa proliferación está a ser tan extensa en todo o mundo, tanto nas costas (inminas cíclicas) como en lagos e reservorios de auga doce (anatoxinas), que a súa falla de control comeza a considerarse un problema.

Colaboración de EEUU e Europa

Outros traballos previos á investigación desenvolvida por Pérez Rodríguez na súa tese de doutoramento e realizados en laboratorio, puxeron xa de manifesto o posible risco toxicolóxico das inminas cíclicas, en particular dos espirólidos, que se absorben oralmente e chegan ao sistema nervioso central a través da barreira hematoencefálica.

A tese de doutoramento ‘Desenvolvemento de métodos bioquímicos para a detección de ficotoxinas’, defendida na Facultade de Veterinaria de Lugo e que recibiu a máxima cualificación académica por parte do tribunal nomeado para a súa avaliación, desenvolveuse con financiamento obtido de tres proxectos europeos, como o son Atlantox, Pharmatlantic e Conffidence. Asemade, Laura María Pérez Rodríguez tamén contou para a súa tese de doutoramento con achegas e colaboracións doutros grupos de investigación de Estados Unidos e de Europa, pertencentes ao Scripps Institute (California), Skaggs School of Pharmacy (California), CNRS (París) ou á Rice University de Houston (Texas).

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que se controla a administración de antibióticos a cans e gatos?

A Lei de Medicamentos Veterinarios xera protestas no sector contra as restricións impostas na prescrición de medicamentos para animais domésticos e de granxa

O químico Fernando Calvet, nomeado Científico galego do ano

O investigador foi pioneiro en aplicar a bioquímica á industria e dirixiu os Laboratorios Zeltia, onde logrou patentar máis de dez especialidades farmacéuticas

Un estudo galego investiga as algas mariñas como alternativa aos antibióticos en coellos

A investigación de Sabela Al-Soufi Novo no Campus Terra da USC avalía con resultados prometedores o uso destes organismos na mellora da saúde intestinal dos mamíferos

Todo caduca: o investigador que recrea obras de arte para estudar como envellecen

Un experto en ciencia de materiais colabora co CGAC para avaliar a calidade e durabilidade dos materiais que se empregan no patrimonio artístico do centro galego