Unha aplicación web permite localizar bancos de pesca

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2013 a Pablo Belay polo proxecto Xeopesca. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo Consorcio para o desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) dentro do convenio de colaboración que mantén coa Amtega. Ademais, concedeuse un segundo premio a Esperanza Natalia González polo proxecto Abioxénese, cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL.

Esta iniciativa, que vai xa pola súa VI edición, enmárcase no do Plan de Software Libre 2013 da Xunta para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega.

Publicidade

O primeiro premio desta edición recaeu en Pablo Belay Fernández por Xeopesca, unha aplicación web que permite crear un rexistro das faenas pesqueiras e asocialas ás variables meteorolóxicas e xeográficas que máis inflúen no comportamento dos seres mariños. Isto converte a aplicación nun compendio da experiencia pesqueira que pode ser de gran valor para os patróns dos barcos, que saberán cales son os puntos con maior probabilidade de pesca en función das condicións meteorolóxicas de cada día.

Esperanza Natalia González González, foi recoñecida co segundo premio por Abioxénese, unha instalación interactiva do ámbito das belas artes, e consiste nunha instalación interactiva que responde aos movementos do espectador xerando visuais e música segundo ditos movementos. Esta instalación estivo en funcionamento no Pazo da Cultura de Pontevedra dentro da exposición Do final e do comezo dende o 14 de xuño ata o 1 de setembro de 2013.

Publicidade

Outros finalistas

Os outros dous finalistas do premio, a quen o xurado felicitou polo seu traballo foron:
Antía Puentes Felpeto, que presentou ao galardón o Verificador de Accesibilidade Web, un aplicativo que permite verificar a accesibilidade web segundo o estándar Web Content Accessibility Guidelines (WCGA 2.0), publicado pola W3C.

Eutelo Pena Barreiro polo seu sistema de Control mediante movementos faciais. Este proxecto consistiu no desenvolvemento dun sistema que permite controlar aplicativos para Android mediante movemento faciais. Inicialmente captura catro movementos da cabeza (arriba, abaixo, esquerda e dereita) que son asignados respectivamente ás funcionalidades (back, enter, direccionamento dereita e direccionamento esquerda). Como proba da funcionalidade integrou o sistema desenvolvido nunha aplicación xa existente para Android: PictoDroid Lite

O xurado estivo composto por Susana Ladra González, vicedecana de Organización Académica da Facultade de Informática da Universidade da Coruña; Jose Varela Pet da Universidade de Santiago de Compostela; Francisco Javier Rodríguez Martínez, da Universidade de Vigo; Emilio José Padrón González, representante da Asociación de Programadores e Uusarios de Linux, GPUL; e dous representantes da Amtega, Juan Víctor Rodríguez Aros e Roberto Vieito Raña.

Dos seis proxectos presentados ao premio o xurado seleccionou catro finalistas, dos que destacou a súa gran calidade.

O obxectivo do premio é achegar aos universitarios galegos ao software libre, de xeito que poidan incrementar o seu coñecemento sobre este tipo de tecnoloxías e abrirlles as portas a novas posibilidades de emprego relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Dada a orientación deste premio aos estudantes do Sistema Universitario Galego, a Amtega conta coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG e integra, ademais, a todos os axentes do ecosistema do software libre galego. Así, para a organización e difución do premio cóntase coa achega económica da asociación GPUL, coa colaboración da a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, AGASOL, e das asociacións galegas de usuarios de Software Libre GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa e Trasno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vives nunha zona de risco de carrachas? Compróbao nesta aplicación

A plataforma Garrapata Alert combina ciencia cidadá e asesoramento experto para identificar especies e aconsellar no caso de picadura

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

Madrid adopta tecnoloxía galega para xestionar as súas explotacións gandeiras

Amtega mantense como referente da xestión de recursos agrogandeiros coa sinatura dun novo convenio para ceder o uso de sistemas da oficina virtual de gandería