A tese da investigadora do CIQUS Soraya Learte, unha das mellores do mundo

A científica da USC foi a única española premiada nos galardóns da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada e de Solvay

A tese de Soraya Learte, investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi considerada unha das oito mellores teses do mundo de 2021 en química. Así o anuncia a Unión Interancional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e Solvay na resolución dos seus premios internacionais para mozos químicos deste ano.

A tese de Learte, realizada baixo a dirección de José Luis Mascareñas, director e investigador principal do CiQUS, afonda no deseño de novos encimas artificiais para o seu estudo en diferentes aplicacións dentro do campo da química biolóxica. Ademais, foi a única tese española galardoada nos premios IUPAC-Solvay 2022.

Publicidade

Novo avance no estudo de enzimas artificiais

A tese de Soraya Learte, que leva por título Metalopéptidos e metaloproteínas en química biolóxica: da unión ao ADN á catálise intracelular, foi desenvolvida plenamente no CiQUS e describe o deseño, síntese e aplicación de metalopéptidos e metaloproteínas dentro da área da Química Biolóxica. O estudo, que supón un novo avance na investigación de metaloenzimas artificiais activas, para o tratamento de enfermidades como o cancro, recibiu a cualificación de sobresaínte cum laude e a mención europea (doutoramento internacional). Ademais a autora foi tamén premio Lilly 2021, que recoñece a excelencia investigadora no ámbito académico, por este mesmo traballo.

Ademais, o mesmo traballo foi premiado pola Real Sociedade Española de Química como a mellor tese do 2021 na especialidade de Química Biolóxica. Este premio está dotado dun total de 800 euros e a posibilidade de presentar a túa tese en forma de comunicación oral na seguinte bienal do Grupo Especializado en Química Biolóxica CEQB-RSEQ Valencia 2022.

Publicidade

Os premios IUPAC-Solvay 2022 para mozos químicos están destinados a recoñecer as mellores teses doctorais do mundo na área da química, diferenciadas ao longo do ano anterior. O premio naceu no ano 2000 co obxectivo de alentar aos xóvenes investigadores no comezo das súas carreiras científicas. Nesta convocatoria, o comité de selección, presidido por Christopher Brett, expresidente da UIPAC, otorgou cinco galardóns e tres mencións honoríficas, entre as que se encontra a tese da investigadora do CiQUS como única representante española.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos