A progresiva entrada dunha masa de aire moi cálida e seca, de orixe africana, sobre a Península Ibérica e as Illas Baleares fará que as temperaturas superen os valores habituais. Serán inusualmente altas para o mes de maio e poderán superar nalgunhas zonas da Península os 40 graos, o que a converterá na máis temperá da que se ten noticia. Os días máis intensos serán o venres, sábado e domingo, nos que a masa de aire cálida inundará a Península, xunto con fortes radiacións solares.
En Galicia as temperaturas tamén serán altas, con máis de 25 graos de maneira xeneralizada e superando os 35 graos nas zonas do interior, onde a masa de aire chegará con máis forza. Porén, a curta duración desta entrada de calor, que afectará entre día e medio e dous días, en comparación con outros puntos da Península, así como a aparición de nubes na tarde do sábado, baixará a intensidade destas altas temperaturas.
Juan Taboada, de Meteogalicia, explica que a causa deste episodio de tanta calor é a entrada dun anticiclón que se situará no golfo de Bizcaia, no norte da Península, e que atraerá masas de aire cálido que proceden do norte de África. “Invadirá toda a Península Ibérica e xa se está notando en zonas do leste, onde están subindo moito as temperaturas”, indica o meteorólogo. Ademais, o experto indica que a calor extrema non chegará a toda Europa, pero si se notará no sur de Francia.
⚠️#NotaInformativaAEMET
Temperaturas excepcionalmente altas para la época del año.
🔴Calor en aumento. Los días más cálidos serán viernes y sábado.
🔴Quizás se llegue a 40-42 ºC en puntos del sur y Ebro, con noches muy cálidas.
🔵El lunes irá remitiendo el episodio. pic.twitter.com/klMkctkZSj— AEMET (@AEMET_Esp) May 17, 2022
Para que este fenómeno tivese lugar, déronse as circunstancias perfectas. “É certo que estamos en pleno maio, pero hai que ter en conta que estamos aproximadamente a un mes do solsticio, o que quere dicir que a radiación solar que imos ter esta fin de semana é equivalente á que podemos ter na segunda metade de xullo. Entón, se temos moita radiación e a entrada dunha masa de aire moi cálido, as temperaturas excédense do normal“, explica Taboada.
Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informan da chegada desa masa de aire africana que traerá á Península e Baleares po en suspensión, que dará lugar a calixe seca, con ceos turbios e peor calidade do aire. Ademais, os expertos indican que este episodio pode ser un dos máis calurosos e importantes acontecidos nos últimos 20 anos.
Ante esta previsión de extremas temperaturas, dende Meteogalicia recomendan unha serie de pautas para evitar as posibles consecuencias deste episodio de calor para a saúde dos cidadáns. Entre elas, destacan procurar non saír nas zonas centrais do día, non expoñerse directamente ao sol, estar pendentes dos nenos pequenos e persoas maiores para mantelos hidratados, procurar non facer comidas copiosas nin exercicios físicos fortes e vestir roupas de cores claras que non se axusten demasiado ao corpo.
Este mapa es impresionante!
Lo que viene no es simplemente "calor porque se acerca el verano". Es un nuevo récord (otro más) de temperaturas sobre la península ibérica. Esta vez en mayo y generalizado.
El cambio climático es imparable, nos recuerda todos los años su existencia. pic.twitter.com/SFa8ClKC65
— J. J. González Alemán (@glezjuanje) May 18, 2022
Altas tempreraturas en Galicia, pero non extremas
En Galicia o episodio de calor chegará o venres pola tarde, de maneira máis intensa na metade sur e no interior da comunidade. O sábado a calor será alta, de xeito xeneralizado, mentres que o domingo, as temperaturas volverán ser acordes coas dos anteriores meses de maio. “Non chegaremos ás temperaturas do resto de España. Aínda que o sábado poderían superar os 35 graos no interior, quedaríamos algo por debaixo dos 40 graos. Necesitamos que haxa aire moi cálido e que o episodio fose un pouco máis longo para chegar a esa calor extrema doutros puntos de España”, explica Juan Taboada.
Pola noite, en Galicia, as temperaturas baixarán notablemente, un descenso que non se verá noutras zonas da Península, onde poderían superar os 20 graos de mínima diaria. Polo tanto, estas noites tropicais que se verán en Andalucía e Estremadura poden chegar a notarse en puntos do litoral e no interior galego, aínda que nas demais zonas as mínimas rondarán os 15 graos.
Juan Taboada tamén adianta que o domingo as temperaturas van descender ata 10 graos. “A masa de aire que marchara coa entrada do aire africano volverá entrar na comunidade ao rematar esta fin de semana. Non fará frío pero imos ter unha baixada importante”, expón.
Polo tanto, en Galicia fará bastante calor, pero non chegará a sufrir as extremas temperaturas que sí se notarán no sur e no leste de España, de forma máis prolongada. “Outro condicionante será que o sábado, posiblemente por esa calor forte, a media tarde comecemos a ter algunhas nubes de evolución, de tipo medio alto, e iso fai que a radiación solar diminúa lixeiramente”, admite o experto.