Santiago sitúase entre as 700 mellores universidades do mundo

O ránking Times Higher Education inclúe también á UVigo e á UDC, pero uns 200 postos máis abaixo

De entre 1400 universidades de 92 países, o ránking Times Higher Education (THE) incorpora un ano máis a USC entre as mellores institucións universitarias do mundo, concretamente no intervalo 601-800, mantendo así a posición alcanzada nos últimos tres anos. Pola súa banda, as de Vigo e A Coruña entran tamén nesta clasificación, aínda que 200 postos máis abaixo, no intervalo 801-1.000.

A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%). Índice de citacións, transferencia de coñecemento ou dimensión internacional son os aspectos mellor valoradas da USC por THE. De España, esta clasificación recolle un total 45 universidades.

Publicidade

Este mesmo ránking elabora igualmente unha clasificación coas mellores institucións universidades europeas clasificadas pola súa dimensión docente e formativa, aspecto no que a USC se atopa no intervalo 101-125.

Esta listaxe basearíase en boa medida nos resultados da enquisa realizada por THE entre máis de 30.000 estudantes universitarios e toma en consideración tamén a idoneidade dos medios utilizados polas universidades, as canles de relación coa comunidade universitaria, a capacidade para impartir docencia do xeito máis efectivo ou a dispoñibilidade de contornas de ensino e aprendizaxe inclusivos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía