Preto dun cento de persoas participan nas xornadas abertas de atlanTTic

As visitas ao Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo volveron ao formato presencial, tras o parón da pandemia

Arredor dun cento de persoas. Ese foi o número aproximado de participantes na xornada de portas abertas do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic. A actividade, organizada dentro do programa Divulgando Ciencia Singular, amparouse no lema Conecta con atlanTTic. Tan só tres palabras coas que resumir o gran propósito desta actividade: conectar a cidadanía coa tecnoloxía. Para iso, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación abriu as súas portas.

As persoas que se animaron a participar descubrir, a través de presentacións e demostracións prácticas a cargo dos propios investigadores e investigadoras do centro e as súas principais liñas de traballo: comunicacións 5G, aplicacións accesibles, saúde e educación dixital, patrimonio 4.0, firma radar e infravermella, comunicacións ópticas, nanosatélites, observación da Terra ou intelixencia artificial en comunicación. Así mesmo, tiveron a oportunidade de coñecer en directo como funciona a impresión 3D e probar as posibilidades que ofrece o taboleiro de cristal luminoso ou lightboard.

Publicidade

Un dos grupos que participaron na visita á cámara anecoica Foto: atlanTTic
Un dos grupos que participaron na visita á cámara anecoica Foto: atlanTTic

Visitas guiadas

Ademais diso realizáronse tres visitas guiadas, en grupos reducidos, durante as que o persoal investigador tivo a oportunidade de amosarlles a cámara anecoica do laboratorio de medidas radioeléctricas, as cámaras do laboratorio de acústica e o laboratorio de seguimento de satélites, e os principais proxectos que se están a desenvolver grazas a estas instalacións.

Desde a organización do evento valoraron moi positivamente a acollida desta proposta de divulgación científica e a volta ao formato presencial do evento, tras un ano no que tivo que celebrarse de xeito virtual. Entre as visitas atopábase alumnado de STEMBach do IES Valadares, grupos de familias e outras persoas, maiores e pequenas, interesadas en ver o que se fai no centro, moitas delas facíano por primeira vez e outras, que xa acudiran en anos anteriores, quixeron repetir a experiencia.

Publicidade


Podes ler a noticia do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Un novo mapa guía a valorización de subprodutos da industria agroalimentaria en Galicia e Portugal

A ferramenta, desenvolvida con participación da UVigo, emprega a IA para identificar recursos e detectar novas oportunidades de aproveitamento