O xenetista Ángel Carracedo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo, ingresa este mércores na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun discurso titulado ‘A revolución xenómica e o seu impacto no mundo contemporáneo’.

No acto solemne de ingreso no Pazo de San Roque (Santiago), Carracedo recibe a medalla e o diploma de académico de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos. O acto conta coa asistencia das conselleiras de Sanidade e de Medio Rural e do Mar, Rocío Mosquera e Rosa Quintana; o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto; o vicerreitor de Organización Académica e PDI da USC, Luís Lima Rodríguez; o valedor do Pobo, José Julio Fernández; e o conselleiro maior do Consello de Contas, Xesús Palmou.

Publicidade

Ángel Carracedo (Santa Comba, A Coruña, 1955) dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica –o centro de maior volume de España na diagnose de enfermidades xenéticas– e o Centro Nacional de Xenotipado do Instituto de Saúde Carlos III.

O grupo de investigación de Medicina Xenómica que dirixe está composto por arredor de cen persoas de 15 nacionalidades. Publicou 12 libros e 480 artigos en revistas internacionais, incluídas Nature e Science, e as súas principais liñas de investigación son a farmacoxenómica e a xenética do cancro, así como das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a xenética de poboacións. Entre outros galardóns, Carracedo recibiu o Premio Jaume I de Investigación Médica e o Galien, coñecido como o Nobel do Medicamento, na categoría de Mellor Labor Investigadora.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

  1. Felicidades Profesor!
    Gracias por los conocimientos transmitidos! Año 1988- 1994.
    A pesar del tiempo y la distancia me alegra los éxitos profesionales que logra y que sigo en los medios!
    Saludos con cariño.

  2. Vaian por diante os meus parabens para o profesor.
    Onte tiven o gusto de asistir en directo ó discurso de ingreso do Dr. Carracedo na RAGC. Debo dicir que a sua presentación foi unha viaxe apaixoante polos últimos descubrimentos da Xenética, Xenómica e CC Forenses. Estos prenderon novas luces, tanto para entender mellor o que somos, como para axudar a resolver retos (médicos, policiais). Salientable ademáis a faceta do profesor como divulgador en materias nada sinxelas … o meu parecer, o motor, a chave de todo podería estar (parafraseando a Aldous Huxley) en “o secreto da xenialidade é conserva- lo espíritu dun neno ata a vellez, o cal require non perde- lo entusiasmo”.

    Un saúdo,
    B.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

O proxecto Xenoma Galicia detecta 42 persoas con variantes xenéticas de risco

O programa pioneiro de cribado xenético analiza 2.504 mostras e acada unha taxa de positividade do 1,7% para enfermidades hereditarias graves

Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC