“Non a líes!”: a USC impulsa unha campaña de ocio responsable durante a pandemia

A institución e a Asociación Hostalaría Compostela pretenden concienciar ao alumnado ante a sucesión de incidentes nas últimas semanas

A Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Hostalaría Compostela presentaron este mércores unha campaña de concienciación para promover o ocio responsable do alumnado, coincidindo coas primeiras semanas do curso académico, marcado pola pandemia da Covid-19. Nos últimos días, varios episodios difundidos a través dos medios de comunicación, con celebracións que incumprían a normativa destinada a conter a propagación do SARS-CoV-2, fixeron medrar a preocupación na universidade, principal institución universitaria en Galicia, con máis de 25.000 mozos e mozas matriculados (tendo en conta o Campus de Lugo).

No marco da campaña difundiranse a través das redes sociais unha serie de vídeos, protagonizados, entre outros, polo catedrático de Electromagnetismo Jorge Mira ou o gamer Jorge ‘Xheo‘ Díaz, entre outro material divulgativo, destinados a fomentar o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias, o cal supón “a reconquista, a recuperación de espazos e hábitos que a Covid-19 nos foi roubando”, tal e como sinalou o director do Gabinete do Reitor e responsable da campaña, Carlos Toural.

Publicidade

Pola súa parte, o xerente da USC, Javier Ferreira, subliñou que a universidade conta con preto de 250 alumnos e alumnas voluntarias que ao longo do curso desenvolverán labores de concienciación entre os seus compañeiros e compañeiras para potenciar hábitos e condutas saudables, así como a responsabilidade individual de cada quen. “Debemos conciencialos da necesidade de cambiar os usos horarios”, apuntou en relación aos horarios de peche das instalacións hostaleiras como consecuencia das restricións sanitarias. Nesta mesma liña, Sara Santos, presidenta da Asociación Hostelería Compostela, e Sergio Fernández, membro da xunta directiva da entidade, destacaron que “o ocio responsable prodúcese nos establecementos de hostalaría”. “O ocio é necesario pero non podemos baixar a garda”, destacaron.

A intención é que esta campaña siga medrando e poda chegar a aglutinar a outros membros da comunidade universitaria, institucións e mesmo outras organizacións e asociacións. Neste senso, os impulsores da campaña destacaron que os bares e cafeterías son espazos seguros en tanto atópanse sometidos á observación do cumprimento das normas por parte das autoridades. “Non podemos relaxarnos xa que a Covid-19 non o fai”, concluíron os impulsores da campaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS