Catorce investigadoras da USC, entre as científicas de España con maior influencia

María José Alonso, Alicia Estévez Toranzo, Azucena Mora e Victoria Lareu son algunhas das profesionais citadas no ránking DIH

As investigadoras da Universidade de Santiago (USC) son protagonistas destacadas no panorama científico nacional, así o constata a presenza de 14 delas na última edición do ránking DIH. Esta clasificación das científicas españolas residentes en España avalía a calidade científica en función do denominado índice h, unha metodoloxía proposta por Jorge Hirsch, da Universidade de California, que ten en conta o número de artigos publicados e a posterior cantidade de citas que rexistra para determinar o impacto das publicacións científicas.

As investigadoras da USC incluídas nesta nova listaxe do ránking DIH, cuxos autores analizaron durante o pasado ano 2021 datos referidos ao labor científico desenvolvido por 785 investigadoras residentes en España, pertencen a un amplo abano de áreas de coñecemento e disciplinas diferentes que abrangue desde a Farmacoloxía e Farmacia ata a Microbioloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica Nutrición e Bromatoloxía, Química Orgánica, Física de Partículas e Física Aplicada, Análise Matemáticas ou, entre outras Anatomía Patolóxica.

Publicidade

As investigadoras

A catedrática de Farmacoloxía e Farmacia da USC María José Alonso, que ocupa a terceira posición deste ránking de mellores científicas residentes en España, é tamén a investigadora da USC que conta cun índice h máis alto. Outras científicas da USC de contrastado relevo e prestixio nacional e internacional nos seus respectivos campos de traballo son Lourdes Santana, Josefa Fernández, Alicia Estévez Toranzo, Carmen Álvarez Lorenzo, Ana María Soto Campos, María Dolores Cortina, María Teresa Moreira e Beatriz Magariños.

A investigadora do Laboratorio Nacional de Referencia E.coli e profesora da USC na Facultade de Veterinaria Azucena Mora Gutiérrez, é a única científica do Campus de Lugo que figura entre as 466 científicas nacionais máis destacadas contabilizadas nesta última edición do ránking DIH, unha publicación na que tamén figuran outras investigadoras da USC como o son María Pilar Bermejo Barrera, María Llompart, Rosana Rodríguez López ou María Victoria Lareu Huidobro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dez científicas galegas que deberías coñecer

Co gallo do 11F recuperamos perfís de mulleres sobresaíntes en farmacia, neuroloxía, arquitectura, enxeñaría agrónoma e pedagoxía

Tres científicas da USC reciben 1,5 millóns da Xunta para investigar en cancro, nanotecnoloxía e baterías

Os proxectos liderados por Clara Álvarez, María José Alonso e María Giménez foron seleccionados na quinta convocatoria do Programa Ignicia

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela