Estudantes de Ferrol proxectan casas prefabricadas para refuxiados

Un total de cinco estudantes de Enxeñaría en Deseño Industrial da Universidade da Coruña, da Escola do Campus de Ferrol, competirán nun certame internacional de deseño con máis de 600 grupos, cun proxecto de casas prefabricadas e de baixo custe para refuxiados.

houses refugees

O obxectivo desta iniciativa é facilitar a colocación das casas no centro das cidades para, deste modo, favorecer a súa integración na sociedade. A proposta parte dos estudantes Ánxela Barros, Adrián Coira, Ana Cotelo, Manuel de la Fuente e María Prieto que se marcan coma fin facilitar o acceso á primeira vivenda dos refuxiados antes de que se lles conceda unha vivenda definitiva. “Queriamos que este proxecto non quedase só nun traballo de clase e con este concurso vimos a posibilidade de facelo real”, explican os alumnos que contaron co asesoramento do profesor da UDC Eduardo Guillén durante o desenvolvemento do proxecto.

Publicidade

O proxecto galego imita a madeira e ten unha montaxe doada

En concreto, a proposta destes estudantes que defenderán en Amsterdam no caso de chegar á final, denominada Dasy, resulta innovadora debido a un sistema de lamas de persiana que facilita a súa montaxe e optimiza o transporte. Exteriormente, o seu aspecto é similar á madeira, o que facilita a integración no contorno urbano.

A proposta competirá no certame “What design can do. Refugee challenge”, fronte a outros 600 proxectos de distintos países. O xurado do concurso internacional emitirá o seu fallo o día 1 de xullo, no marco do congreso “WDCD Live Amsterdam”. Os cinco finalistas recibirán o apoio de diferentes profesionais da Fundación IKEA e UNHCR, podendo acceder a diferentes obradoiros onde desenvolverán as ideas presentadas e se fabricarán os prototipos. Ademais, o proxecto gañador desenvolverase e porase en funcionamento no prazo dun ano. Actualmente, o concurso está en fase de desenvolvemento e contribución polo que os estudantes animan a todo o mundo a rexistrarse na web do concurso https://refugeechallenge.unhcrideas.org/Page/Home e colaborar con esta idea cos seus comentarios.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Achada no Castro de Esemelle unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas

A escavación, impulsada pola UDC e o Concello de Ferrol, tamén sacou á luz fragmentos dunha vaixela con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa

Metano, metanol e amoníaco: a mellor receita para un transporte marítimo máis limpo

O investigador José Miguel Mahía da UDC publica un estudo que busca alternativas sostibles aos modelos baseados en combustibles fósiles

Esta é a cidade coa maior taxa de mortalidade de toda España (e si, é galega)

Ferrol lidera o ranking de falecidos por habitantes e ten a esperanza de vida máis baixa das urbes de Galicia, con só 81,78 anos

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono