Un estudo senta as bases para clonar os castiñeiros máis resistentes e produtivos

O traballo, elaborado por Ricardo Castro da Universidade de Santiago, céntrase nos mecanismos reguladores da rexeneración de raíces adventicias

O cultivo in vitro permite a clonación de árbores seleccionadas que presenten un trazo desexado, como a resistencia ante un patóxeno determinado ou unha alta produtividade de madeira ou froito. Porén, estas características só se observan cando a árbore xa é adulta, momento no que son incapaces de desenvolver raíces, o que impide que as árbores clonadas no laboratorio poidan ser plantadas no campo. Unha tese desenvolvida na USC por Ricardo Castro Camba trata de comprender os mecanismos hormonais e xenéticos que producen esta perda da capacidade para o enraizamento para deste xeito lograr a clonación de castiñeiros máis resistentes e produtivos.

Por medio de dúas liñas in vitro, unha xuvenil e outra adulta, derivadas dun mesmo castiñeiro e a través de experimentos de enraizamento con fitohormonas identificáronse os principais factores hormonais que afectan ao enraizamento das plantas xuvenís e adultas. “Grazas a isto poderemos deseñar protocolos para o enraizamento de castiñeiro, polo que daremos clonado árbores resistentes a enfermidades e máis produtivas, o que se traduciría en importantes beneficios económicos e ecolóxicos”, explica Ricardo Castro.

Publicidade

Unha vez obtidos os datos dos enraizamentos realizáronse experimentos de secuenciación masiva do ARN. Isto permite coñecer cales son as bases xenéticas que inducen ou reprimen a formación de raíces, o modo no que actúan as hormonas e se relacionan entre elas e, ademais, tamén axuda a entender como as mesmas hormonas actúan de xeito diferente na mesma árbore en función de se esta xa madurou ou aínda non.

A tese, titulada Mecanismos reguladores da competencia para a rexeneración de raíces adventicias en especies leñosas foi dirixida polos doutores Conchi Sánchez e Jesús Vielba da Misión Biolóxica de Galicia – CSIC e titorizada por Andrés Baselga, da Universidade de Santiago de Compostela, e contou co financiamento dos proxectos ‘Enraizamento adventicio en material adulto de fagáceas. Mecanismos epixenéticos’ e ‘Conservación e mellora de sistemas agroforestais’. O tribunal avaliador da tese estivo composto por Jorge Canhoto, da Universidade de Coímbra; María Victoria González, da Universidade de Santiago de Compostela; e Beatriz Cuenca, da empresa de transformación agraria Tragsa. O traballo, defendido na Facultade de Bioloxía, recibiu a cualificación de sobresaliente cum laude.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos