Elisa e Jimena Fernández de la Vega xa teñen rúa en Santiago

O proxecto da Cidade da Saúde da USC avanza coa apertura da rúa dedicada ás dúas primeiras mulleres licenciadas en Medicina na universidade compostelá

Unha das vías principais arredor das cales medrará a futura Cidade da Saúde da USC levará o nome de dúas referentes para a ciencia feminina en Galicia. A universidade compostelá celebrou onte un acto na que pasará a denominarse rúa Elisa e Jimena Fernández de la Vega. É a primeira das actuacións coas que a institución pon en marcha o proxecto no que se enmarcarán os edificios da Facultade de Farmacia e Enfermaría, así como outros espazos destinados á administración e á investigación como podería ser o caso do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) e da Fundación Pública de Medicina Xenómica.

O reitor Antonio López destacou que a elección do nome da rúa Elisa e Jimena Fernández de la Vega supón “un magnífico recoñecemento a dúas figuras que abriron un novo camiño para as mulleres nos estudos de medicina e na investigación”. O acto congregou a unha ampla representación da comunidade universitaria. Ademais do xerente, Javier Ferreira, e do decano de Farmacia, tamén asistiron á apertura das rúas o resto de decanos e decanas das facultades de Ciencias da Saúde: Julián Álvarez Escudero, de Medicina; Ana Isabel Silveira Rodríguez, de Enfermaría; Mª José Sampedro Vizcaya, de Psicoloxía; e Mª Jesús Giráldez Fernández, de Óptica e Optometría; a decana da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE), Julia González Álvarez; así como representantes da dirección e coordinación da obra e outros membros da comunidade universitaria.

Publicidade

Jimena e Elisa Fernández de la Vega, as xemelgas pioneiras na Medicina en Galicia

A apertura desta rúa é un primeiro chanzo para este complexo no que, se todo marcha segundo o previsto, poderá acoller a partir de 2023 os novos espazos docentes. O reitor subliñou que o financiamento deste proxecto “prioritario”, debe ser unha “parte esencial” do Plan de Infraestruturas que as universidades negocian coa Xunta de Galicia, con independencia do Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego. “Para falar de recursos, temos que ter proxecto”, dixo o reitor en referencia ás posibles vías de financiamento da Cidade da Saúde entre as que se poderían atopar fondos europeos. Antonio López estivo acompañado do decano da Facultade de Farmacia, Francisco Otero Espinar, quen manifestou a súa satisfacción ante o avance do proxecto xa que “isto era para nós unha necesidade urxente”.

A Cidade da Saúde da USC nace co obxectivo de converter a Galicia nun referente da docencia, da investigación e da colaboración institucional e público-privada no ámbito da saúde. Esta iniciativa concíbese para dispor dun conxunto de dotacións suficientes para dar soporte material á docencia e a investigación de vangarda nesta área de coñecemento. Ademais, procúrase inserir de forma coherente e integrada estas instalacións nun espazo urbano no que xa existen dotacións moi importantes no ámbito sanitario na contorna máis inmediata coa vontade de establecer sinerxías.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

De campamento neandertal a enterramento: os achados das escavacións en Cova Eirós e Monte Penedo

Os traballos, liderados dende a USC, permiten descubrir restos óseos infantís e adultos e amplían os períodos de ocupación humana das cavidades