Publicidade

Un dispositivo para monitorizar marcadores de calidade ambiental, premio ao mellor traballo de fin de grao na UDC

Pablo Mariño recibiu o primeiro galardón e Gabriel Fernández e Rubén Somoza dous accésit polos seus estudos, todos eles dirixidos por investigadores do CITIC

Pablo Mariño Boga obtivo o premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) ) Aplicado do Grao en Enxeñaría Informática. O acto de entrega do recoñecemento tivo lugar este mediodía na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O de Mariño Boga foi un dos tres traballos seleccionados entre os 14 presentados que obtiveron a cualificación de matrícula de honra no curso 2021-2022. De feito, tamén se entregaron dous accésit a Gabriel Fernández Blanco e Rubén Somoza Domínguez polos seus TFG. 

O CITIC, xunto coa Fundación Universidade da Coruña, colabora nestes premios, que contan ademais co patrocinio das cátedras institucionais Aldaba WIB (Women, ICT & Business), NTTdata e SNGULAR. 

Publicidade

Posicionamento, validación de títulos e calidade ambiental

 O ”Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental” é o título do traballo de Pablo Mariño, dirixido polo investigador do CITIC José Juan Lamas Seco, que obtivo o primeiro premio dotado con 1500 €. A idea deste proxecto xorde do interese por dispor de métodos de medición da calidade ambiental que inclúan valores de calidade do aire, contaminación acústica e luminosa. Trátase dunha solución enfocada a contornas urbanas, que se basea nun dispositivo de medida que se conecta a un equipo cliente. Este último procesa, mostra e almacena os datos. Debido a estas características, o desenvolvemento do proxecto divídese en dúas partes ben diferenciadas: O desenvolvemento dun prototipo de medida baseado en microcontroladores, e o desenvolvemento do software do equipo cliente. 

O dispositivo pódese utilizar para detectar resultados anómalos en tempo real de diferentes marcadores ambientais sendo unha axuda para entender os perigos para a saúde que poden representar. 

Pola súa banda, Gabriel Fernández Blanco recibiu un accésit, cunha dotación de 500€, polo seu traballo Sistema de validación de títulos académicos basado en tecnologías Blockchain, dirixido polo investigador do CITIC Tiago M. Fernández Caramés. No seu traballo, Gabriel Fernández ofrece unha solución á falsificación dos títulos académicos universitarios aplicando de forma 

integral as tecnoloxías descentralizadas e de rexistro distribuído. Grazas á seguridade e á privacidade que proporcionan redes blockchain como Ethereum, os expedientes vólvense resistentes a falsificacións ou a modificacións fraudulentas, pois calquera cambio se valida por todos os nodos da rede e rexístrase de forma permanente. 

Por último, Rubén Somoza Domínguez, autor do TFG “Sistema de posicionamento de teléfonos Android a través das propiedades físicas do son”, dirixido polo investigador do CITIC Carlos Vázquez Regueiro, recibiu tamén un accésit de 500 €. A través do seu traballo, Rubén Somoza logrou desenvolver un sistema de baixo custo e fácil de configurar capaz de calcular a posición dun smartphone con respecto a un conxunto de altofalantes con alta precisión e por períodos de tempo medio-longos (preto dun minuto). A precisión do sistema depende da contorna, máis especificamente dos obxectos e superficies próximas aos altofalantes que afectan a propagación do son. 

Para Rubén Somoza o proxecto ten múltiples aplicacións potenciais, desde contornas de entretemento até contornas industriais e médicos, e o seu uso exclusivo do son como medio para lograr o posicionamento faino unha opción económica, atractiva e empregable en multitude de situacións. 

Feira de prácticas de emprego

A entrega dos premios coincidiu coa celebración da Feira de Prácticas e Emprego que se celebra na Facultade de Informática e na que 22 empresas do sector TIC, que imparten charlas e obradoiros orientados á inserción laboral do alumnado. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recolección de miñocas para a pesca recreativa pon en risco a súa supervivencia

Investigadores da UDC afondan sobre este verme que se emprega como cebo para a pesca

Si, as ostras están conectadas globalmente: así o demostra un estudo con selo galego

O artigo revela o protagonismo dunha rexión xaponesa na orixe da subministración mundial do molusco e na propagación doutras especies

Altri pon en xaque unha rara libélula que resistiu no sur de Europa ás glaciacións

Dous biólogos galegos publican un estudo no que recompilan observacións de máis de 800 odonatos no tramo superior do río Ulla

Así será a ponte colgante do Courel que podería ser unha das máis longas do mundo

Enxeñeiros da Universidade da Coruña deseñan unha pasarela de case 650 metros suspendida a máis de 180 metros sobre o val do río Ferreriño, no concello lugués de Quiroga