Conservar a biodiversidade a través da IA: así o consegue un novo modelo creado en Lugo

A empresa 3edata cartografa hábitats en espazos protexidos mediante técnicas de aprendizaxe automática

O proxecto Nature FIRST no que participa a spin off da Universidade de Santiago (USC) 3edata está a xerar diferentes solucións para a monitorización da biodiversidade. O equipo desta empresa de base tecnolóxica presentou esta semana en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra —organizado pola Axencia Espacial Europea (ESAS) e o Centro Común de Investigación da Comisión Europea—, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.

“Aplicamos técnicas de intelixencia artificial e aprendizaxe automática para que ‘unha máquina’ sexa capaz de delimitar coas imaxes de satélite e outros moitos datos as superficies de cada hábitat que logo conformarán un plano ou mapa destes hábitats, identificando automaticamente cal é cada un deles no polígono ou superficie cartografada”, explican dende a spin off da USC no Campus de Lugo. Isto xera un aforro de custos, de tempo e mellora na organización dos datos, así como a posibilidade de avaliar parámetros de estado de conservación dos hábitats do espazo protexido.

Publicidade

Ademais desta ferramenta, o equipo tamén automatiza a identificación de cambios no territorio, por exemplo cortas forestais, xerando alertas e informes sobre estes cambios no tempo. Todo isto lévase a cabo aplicando imaxes de satélite, ou de aeronaves ou drons da propia empresa 3edata, nacida no Campus Terra da USC.

“Ritmo alarmante”

“A diminución da biodiversidade é un dos problemas máis urxentes que enfronta a humanidade”, explican dende o proxecto. A biodiversidade abarca a variedade e variabilidade da vida na Terra: todos os animais, plantas, fungos e microorganismos que traballan xuntos para formar os diferentes ecosistemas que existen. “Lamentablemente, a medida que exercemos cada vez máis presión sobre o planeta, a biodiversidade está a diminuír a un ritmo alarmante”, matizan.

Publicidade

Para abordar eficazmente a perda de biodiversidade, os esforzos de conservación da natureza deben basearse nun coñecemento profundo do que a está causando, xunto con que estratexias son efectivas para fins de conservación e restauración. En suma, precísase comprender mellor por que e onde está a diminuír a biodiversidade e cales son os principais factores causantes.

Neste senso, o proxecto Nature FIRST aborda a recolección e procesado de datos en campo; o recoñecemento automático de especies, persoas ou vehículos con cámaras de ‘fototrampeo’ —incluíndo alertas ao xestor do espazo—; xemelgos dixitais de procesos animais, como o movemento do oso pardo, empregando a cartografía xerada por 3edata; ou a aplicación de semántica de datos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE