Como serán as estruturas do futuro? O CITEEC da Coruña busca a resposta

O proxecto da UDC busca revolucionar a forma na que se deseñan e optimizan as estruturas que empregamos a diario, dende pontes e edificios ata pezas de avións ou implantes biomédicos

O equipo investigador do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña traballa nunha recente e innovadora rama da enxeñaría estrutural: a optimización topolóxica. Esta área de investigación emprega métodos matemáticos avanzados para deseñar estruturas máis eficientes, ademais de determinar a disposición interna do material, o que culmina en deseños máis lixeiros, seguros, económicos e respectuosos co medio ambiente.

A investigación, denominada Optimización topolóxica de estruturas con restricións avanzadas, incluíndo fenómenos dinámicos, pandeo e casos non lineais é unha das sete propostas do CITEEC aprobadas na convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023. Está liderada por Fermín Navarrina e José París, do Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI).

Publicidade

A investigación pretende desenvolver modelos que incorporen e verifiquen certas esixencias estruturais que non están sendo consideradas nos modelos actuais: o pandeo, os efectos non lineais e os efectos dinámicos.

Esixencias estruturais da actualidade

Por unha banda, o fenómeno do pandeo aparece normalmente en estruturas delgadas ou esveltas de xeito repentino e provoca grandes deformacións e inestabilidade ou rotura. Mentres, os efectos non lineais aparecen cando as estruturas non responden de forma proporcional á carga que reciben; é dicir, prodúcense comportamentos complexos como dobreces, abrandamentos ou endurecementos, entre outros, asociados a grandes deformacións e a grandes cambios de forma.

Publicidade

Por outra, os efectos dinámicos son normalmente provocados pola acción do vento, da ondada ou dos terremotos, entre outros, e conducen a fenómenos vibratorios que poden ser perigosos para as estruturas.

Aplicación práctica

Ao abordar estes factores, conséguese ampliar o rango de aplicación destes modelos a todo tipo de estruturas e a múltiples eidos reais, como é o caso da enxeñaría civil, industrial, aeronáutica e biomédica, entre outros.

O proxecto comezou en setembro de 2024 e espérase que remate o 31 de decembro de 2026. Nel traballa persoal investigador de España, de Portugal e de Francia, ademais de contar con colaboradores de Estados Unidos e Dinamarca, malia que tamén prevén contratar novos investigadores de formación predoutoral ou postdoutoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

A propulsión nuclear, a exame como alternativa para descarbonizar o transporte marítimo

Unha investigación do CITENI analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para a súa posible aplicación nos buques do futuro

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares