As bolsas de verán do CiTIUS poderanse solicitar ata o 2 de maio

O CiTIUS da USC convoca, por terceiro ano consecutivo, o seu programa de bolsas de verán, con 10 axudas de inicio á investigación dirixidas a estudantes de grao que desexen comezar a súa actividade científica no centro. As estadías, que se desenvolverán durante o mes de xullo, están dotadas con 700 euros e inclúen unha axuda económica destinada a gastos de viaxe para as persoas non residentes en Compostela.

Os estudantes seleccionados integraranse nun proxecto de investigación desenvolvido no marco dalgún dos Programas Científicos do centro, a través do que poderán aproximarse ás últimas tecnoloxías relacionadas con Big Data, visión artificial ou os avances máis recentes no campo da robótica. Ademais, terán a posibilidade de participar en distintas actividades organizadas polo CiTIUS, como conferencias impartidas por investigadores de prestixio ou ciclos formativos.

Publicidade

As persoas candidatas deberán ter finalizado o terceiro curso do grao en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación, Matemáticas, Física ou disciplinas afíns, ou ben ter superado 140 créditos cunha nota media igual ou superior a 8,0.

A documentación necesaria, que se pode consultar neste arquivo, terá que remitirse antes do 2 de maio a citius.idi@usc.es indicando no asunto ‘Bolsas de verán’.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos