Denuncian a ausencia de docentes no mestrado de profesorado da USC

A universidade lamenta o acontecido e informa que o luns, con varias semanas de atraso, se incorporarán os docentes das materias afectadas

Un grupo de 80 alumnos do Máster de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, nas especialidades de Ciencias Experimentais e Linguas, leva desde comezos deste curso académico sen recibir clase en tres materias debido á falta de docentes.

“A día de hoxe, e tras tres semanas de clase, arredor de 80 estudantes continúan sen docencia nalgunha das tres materias afectadas, que son centrais en dita titulación”, denuncian os alumnos. Engaden que, “a pesar de que as explicacións tardías que se deron sinalaban problemas burocráticos puntuais e de que se prometeron próximas incorporacións nos departamentos correspondentes, somos conscientes de que esta non é unha eventualidade singular na USC”.

Publicidade

Un dos representantes dos estudantes, Suso Conde, expón que “este non é un problema casual, senón estrutural, que vén de longo na USC. Non se repoñen as prazas que quedan vacantes, e acaban aparecendo estas situacións”, engaden. . “É un síntoma máis das políticas que se están a desenvolver na Universidade de Santiago de Compostela nos últimos anos: a case nula reposición de prazas titulares e a precariedade das poucas temporais que se convocan repercuten tanto na investigación e condicións laborais do profesorado como na calidade docente que recibe o alumnado. O que está a suceder neste mestrado tan só é un exemplo máis da deriva errática e da descomposición da universidade pública neste país”, apunta o comunicado difundido polos afectados.

Despois de expoñer a situación aos órganos responsables do mestrado, os estudantes recibiron a resposta de que “a situación se debe á demora na convocatoria de certas prazas e á lentitude na resolución das mesmas. Son ademais prazas inestables que non garanten a superación destes feitos”.

Publicidade

Unha solución real

Fontes da USC recoñecen o atraso que tivo lugar nos trámites para a selección do profesorado e lamentan o acontecido. E adiantan que o vindeiro luns xa vai estar incorporado ás súas prazas os responsables da docencia destas materias. Ademais, subliñan que existe o compromiso por parte do departamento para recuperar as clases perdidas debido a esta situación, e adiantan que se revisarán os protocolos para evitar que este tipo de problemas non aparezan de novo.

Con todo, desde o colectivo de afectados pídese unha “solución real” ao problema. “Non só esiximos que se solucione inminentemente o noso problema particular, senón que se reformule o sistema de xestión de prazas e a asignación de docencia e que esta situación non se repita no futuro”, conclúen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos