A Universidade da Coruña, a mellor de Galicia no ránking GreenMetric

O ránking GreenMetric, que compara os esforzos das universidades de todo o mundo cara a sustentabilidade ambiental e as políticas de xestión respectuosas co ambiente, valorou á Universidade da Coruña como a mellor de Galicia neste eido. Esta clasificación, que realiza a Universidade de Indonesia, situou á institución coruñesa no número 13 a nivel estatal, dun total de 27. A Universidade de Santiago de Compostela aparece no lugar 17º, e a de Vigo no 24º.

A nivel mundial, a UDC acadou a posición 149, mentres que a USC está no 234 e a UVigo no 321. A universidade mellor valorada do Estado, a Autónoma de Barcelona, ocupa o posto 14º na clasificación mundial, que lidera a Universidade de California Davis. Na séptima edición deste ránking participaron, en total, 516 institucións de 75 países.

Publicidade

A información deste listado organízase en seis categorías: infraestruturas, enerxía e cambio climático, xestión de residuos, uso da auga, transportes e educación. É neste último eido no que a UDC destaca especialmente en educación (posición 47 a nivel mundial e 71,3% da puntuación máxima).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial

Un novo produto permite reducir as emisións contaminantes nas explotacións gandeiras

Investigadores da UVigo desenvolven un 'biochar' de alta flotabilidade elaborado con residuos forestais que actúa como filtro sobre as fosas de xurro

As condicións que favorecen os lumes son 40 veces máis probables polo cambio climático

Os incendios da península impulsan un estudo que sinala ao quecemento global como un dos factores máis importantes para a súa expansión

Primeiras medidas para evitar que as cinzas contaminen os ríos galegos

O presidente Alfonso Rueda anunciou no Consello da Xunta que realizarán novas actuacións en Vilaboa e Agolada que se sumarán ás de Ponteceso, Lousame e Meaño