A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

Un equipo da Universidade da Coruña (UDC) vén de publicar un artigo en colaboración con outras 11 institucións acerca da relación entre a infección polo parasito felino Toxoplasma gondii e o envellecemento inflamatorio en persoas maiores. A principal coautora do estudo é Blanca Laffon Lage, catedrática da área de Psicobioloxía da UDC, que participou cun equipo da universidade formado por membros dos dous grupos de investigación.

Durante o estudo, que levaron a cabo en máis de 600 persoas maiores de 65 anos en España e Portugal, descubriron que case o 70% delas foran infectadas co protozoo Toxoplasma gondii, un parasito que normalmente vive nos gatos e pode infectar as persoas mediante o consumo de carne crúa ou pouco cociñada que conteña quistes, ou tamén por contacto con ovos do parasito presentes nas feces de gato ou que contaminen auga ou alimentos que se inxiran. Así, canto maior era o número de anticorpos, máis posibilidades tiñan de amosar síntomas de fraxilidade, como a perda de peso involuntaria ou o debilidade física, e niveis máis elevados de sustancias sanguíneas relacionadas coa fraxilidade e a inflamación.

Publicidade

Conforme envellecemos, os nosos corpos desenvolven un estado de inflamación, que pode contribuír á fraxilidade e verse agravado por infeccións crónicas. A infección por T. gondii fai que o sistema inmunolóxico produza anticorpos para combater a infección (toxoplasmose). A maioría das persoas, excepto as que contan cun sistema inmunolóxico debilitado ou mulleres embarazadas, poden controlar a enfermidade sen ningún síntoma, aínda que o parasito con frecuencia permanece no corpo en forma de quistes de crecemento lento no tecido muscular e cerebral, que desencadean niveis baixos de activación inmune crónica e a regulación positiva de moléculas proinflamatorias, chamadas citoquinas.

Os autores concluíron que as persoas maiores cunha resposta de anticorpos máis forte á infección por T. gondii tiñan máis probabilidades de ser fráxiles; e que dous marcadores biolóxicos que se asociaron coa fraxilidade —quinurenina/triptófano e receptor soluble II do factor de necrose tumoral— tamén tiñan niveis máis elevados no seu sangue.

Publicidade

O deseño do estudo non permite concluír se a infección é a causante da fraxilidade ou se outros factores de risco para a fraxilidade, como a depresión, contribúen á infección, ao facer que as persoas sexan máis propensas a descoidar a saúde ou a hixiene na preparación de alimentos. Aínda así, estes primeiros datos poderían desencadear novas investigacións sobre a fraxilidade. Se estes resultados se validan en estudos futuros, poderían usarse para desenvolver outros enfoques preventivos e terapéuticos para a fraxilidade dirixidos a marcadores biolóxicos inflamatorios específicos. Tamén se podería determinar se atenuar a resposta inmune á infección por T. gondii podería previr dita fraxilidade.

1 comentario

  1. A portada semella contraditoria pois se o sistema inmune reacciona
    con máis forza , parece que está máis debilitado … ( ? )

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un fármaco experimental controla tumores en gatos e podería axudar en terapias humanas

Unha nova estratexia contra o cancro de cabeza e pescozo dos felinos domésticos demostrou en ensaios clínicos mellorar a súa calidade de vida

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos