A nebulosa Trompa de Elefante

Créditos da imaxe e copyright: Stephen Leshin
Créditos da imaxe e copyright: Stephen Leshin

Explicación: coma unha ilustración do Algúns contiños para rapaces novos galáctico, a nebulosa Trompa de Elefante enrólase pola nebulosa de emisión e o cúmulo de estrelas novas do complexo IC 1396, na alta e afastada constelación de Cepheus. A trompa de elefante cósmica, coñecida tamén coma vdB 142, ten uns 20 anos luz de lonxitude. Este primeiro plano cheo de cor inclúe datos de imaxes procedentes dun filtro de banda estreita que transmite a luz dos átomos de hidróxeno ionizados da rexión. A composición resultante salienta as brillantes cristas inclinadas cara atrás que perfilan petos de po e gas interestelar fríos. Así incrustadas, as escuras nubes con forma de sarillo conteñen o material en bruto para a formación de estrelas e agochan no interior ás proto-estrelas. A case 3.000 anos luz de distancia, o relativamente tenue complexo IC 1396 cobre unha rexión grande do ceo, abarcando uns 5 graos. Esta escena impresionante abarca un grao de anchura, máis ou menos o tamaño de 2 lúas cheas.

Charla: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego. Sábado 21 de xaneiro de 2017 en Ourense, no Ateneo (Av. Habana, 25), ás 20:00 horas. Muncyt da Coruña, xoves 16 de febreiro ás 19:30.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo