Venres 19 Abril 2024

Unha solución galega reduce ata nun 90% o efecto invernadoiro das granxas de vacún

A revista científica ‘Atmosphere’ avala a investigación de Bioprana, con sede en Pontevedra, para minimizar os gases contaminantes nas explotación lácteas

A compañía biotecnolóxica Bioprana, con sede en Verducido (Pontevedra), consegue reducir até nun 90% os gases de efecto invernadoiro que emiten os xurros das granxas de vacún. A firma desenvolveu nos seus laboratorioso o bioproducto Activador Bioprana, un tratamento biolóxico a base de microorganismos que acaba de obter o aval da revista científica Atmosphere na súa efectividade para diminuír as emisións de metano e óxido nitroso das explotacións lácteas.

A investigación que serve de base para o artigo científico foi desenvolvida en granxas intensivas de vacún da comunidade galega. Bioprana, liderada polos seus cofundadores Fernando Rey e Carla Salazar, traballa desde o seu nacemento, fai agora cinco anos, en “solucións biolóxicas para o desenvolvemento dunha mellor xestión da materia orgánica a través dun cocktail propio de microorganismos eficientes”.

Publicidade

O Activador Bioprana, creado a base de microorganismos, diminúe a presenza de metano e óxido nitroso nas explotacións lácteas

Con esta filosofía, os laboratorios da empresa biotecnológica, situados en Zona Franca de Vigo-Porto Molle (Nigrán), desenvolveron o Activador Bioprana, que xa está a aplicar en máis de 600 explotacións. O artigo publicado en Atmosphere titúlase ‘Emisións de metano, óxido nitroso e amoníaco en granxas leiteiras de España con ou sen tratamento con bioactivadores’.

Carla Salazar considera o aval da revista un fito científico: “É un recoñecemento ao proxecto, ao noso traballo, ao esforzo e dedicación do noso equipo de I+D+i desenvolvidos nos últimos anos a través dunha iniciativa que aposta pola innovación aplicada tamén a sectores tradicionais e estratéxicos para a economía de Galicia e de todo o Norte da Península Ibérica”. Bioprana é socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Seis granxas galegas

Atmosphere lembra que os xurros da gandaría intensiva de vacún son fontes relevantes de emisións de gases de efecto invernadoiro (metano e óxido nitroso). O estudo, realizado en seis granxas de vacún de Galicia, mediu estas concentracións gasosas durante o tratamento dos xurros do gando. E, ao mesmo tempo, analizou os resultados cando se utiliza o tratamento biolóxico Activador Bioprana sobre os xurros. “Os resultados son alentadores respecto da redución de gases de efecto invernadoiro”, afirma o estudo, que destaca que esta ferramenta “da aos gandeiros opcións futuras para a mitigación do cambio climático entre as súas prácticas habituais”.

En que medida recórtase a emisión deses gases nocivos? O metano, 24 veces máis contaminante que o dióxido de carbono (CO2), reduciu a súa emisión de entre un 42% e un 86%. A presenza de óxido nitroso, 298 veces máis contaminante que o dióxido de carbono, caeu de entre un 50% e un 90%. “Os resultados do estudo mostran un claro efecto sobre as emisións dos xurros do gando vacún”, conclúe o informe editado en Atmosphere, revista científica mensual que aborda temas vinculados á investigación atmosférica.


Referencia: Emisións de metano, óxido nitroso e amoníaco en granxas leiteiras de España con ou sen tratamento con bioactivadores. Publicado en Atmosphere

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os abellóns europeos poderían desaparecer nas próximas décadas

Máis do 75% das especies destes insectos poden estar ameazadas nos próximos 40 a 60 anos, segundo as proxeccións de poboacións levadas a cabo por varias institucións belgas

O IPCC urxe aos gobernos a tomar medidas drásticas para frear a crise climática

Para limitar o quecemento a 1,5 °C, é preciso lograr reducións contundentes e rápidas das emisións de gases de efecto invernadoiro en todos os sectores

COP26: como funciona e que se agarda das negociacións do cumio sobre o clima?

A reunión que se celebra nestes días en Glasgow acollerá os debates que marcarán as accións inmediatas fronte ao cambio climático

Ensinar ás vacas a ir ao baño para reducir as emisións contaminantes de amoníaco

Científicos alemáns e neozelandeses desenvolven un método para adestrar ao gando e que evacúe en lugares determinados