A Xunta mantén a recomendación de que os nenos con síntomas non acudan a clase

Sanidade e Educación precisan aos centros que non se realizarán probas confirmatorias dos positivos de autodiagnóstico salvo en grupos vulnerables

As consellerías de Sanidade e Educación manteñen a recomendación de que os alumnos con síntomas de covid-19 “non acudan ao centro educativo ata que melloren”, tras eliminarse o protocolo estatal de illamentos nos casos positivos asintomáticos, aínda que si se recomenda extremar as precaucións. Nunha comunicación conxunta sobre a “nova estratexia e control do Sars-Cov-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo”, remitida aos centros escolares a finais da semana pasada, as dúas consellerías inciden en que non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, “fóra de certos grupos vulnerables”.

Os grupos vulnerables son as persoas maiores de 60 anos ou máis, xente con condicións de alto risco —que inclúe a inmunodeprimidos— e mulleres embarazadas. Tampoco se realizarán probas confirmatorias ás persoas con clínica compatible, que serán considerados “casos sospeitosos”. Os casos confirmados da covid-19 “unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, xa que os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade”.

Publicidade

Recomendacións

Nos casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos, as recomendacións preventivas consisten agora en extremar as medidas de protección como uso de máscara, manter distancia de seguridade e limitar ao indispensable os contactos con outras persoas. Dende as consellerías de Sanidade e Educación tamén sinalan que a aplicación Edu-Covid deixa de utilizarse”, debido a que os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de covid-19 no ámbito educativo xa non se rexistran.

Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-Cov-2 nesta etapa de transición, as consellerías recordan que seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da covid-19 no relativo ao uso adecuado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación adecuada de espazos. No Relatorio de Promoción da Saúde, no que participan todas as comunidades autónoma, no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos compatibles coa covid-19 ou outras enfermidades potencialmente transmisibles, “recoméndase continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia”, é dicir, “que non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta clausura a planta soto do centro de saúde de Ponteareas pola elevada concentración de radon

O gas está catalogado como canceríxeno e está vinculado causalmente ao cancro de pulmón

As claves do gromo de hepatite A de Narón: que se sabe do contaxio

O longo período de incubación de ata dous meses dificulta a identificación da fonte inicial e obriga a manter a vixilancia epidemiolóxica

Investigadoras da UDC exploran o potencial da tecnoloxía en nenos con parálise cerebral unilateral

Os resultados en menores de entre 3 e 7 anos amosan unha maior implicación da extremidade afectada durante tarefas motivadoras

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade