Xoves 28 Marzo 2024

Galicia clasifícase para a final da Eurovisión das canción escritas por intelixencia artificial

Só 15 das 100 cancións candidatas lograron o seu pase á final, con propostas de países como China, Reino Unido ou Corea

Tras dúas semanas de deliberación, o xurado profesional do AI Song Contest, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial, decidiu que a canción galega AI-LALELO competirá na final do concurso o próximo 6 de xullo en Bélxica. 

O tema impulsado por un equipo de Galicia competirá xunto a outras 14 cancións de países como Países Baixos, China, Tailandia, Reino Unido, Suecia, Estados Unidos, Corea do Sul, Francia e Alemaña. A axencia creativa compostelá Cecubo Group lidera esta iniciativa, co xornalista galaico-catalán Joel Cava á fronte. 

Publicidade

A candidatura galega fora presentada o pasado 1 de xuño, ao igual que as máis de 100 propostas de todo o mundo, nunha semifinal interna. Tras esta primeira fase, o xurado de especialistas en intelixencia artificial, escolleu as 15 cancións que se enfrontarán na final do AI Song Contest. Os expertos emitiron un veredicto onde destacaron que as cancións finalistas “brillan pola súa diversidade xeográfica, cultural e algorítmica”. 

A cidadanía xa pode votar 

Dende o 16 de xuño e ata a gala final do vindeiro 6 de xullo en Liège (Bélxica), o público poderá votar de balde pola súa canción favorita a través da páxina oficial do festival. O gañador decidirase pola suma dos puntos do 50% do televoto e dun 50% do xurado. 

O televoto e un xurado decidirán a partes iguais o gañador desta edición, que se celebrará o 6 de xullo en Liège (Bélxica)

O equipo, baixo o nome de PAMP! (Proxecto Ana María Prieto, en homenaxe á primeira programadora galega), está composto por un grupo multidisciplinar de seis artistas, enxeñeiros, investigadores e músicos galegos. O seu obxectivo é promover a lingua e cultura de Galicia no eido internacional a través das novas tecnoloxías. 

“Chegar á final supón un éxito para toda Galicia xa que permite amosar a nosa cultura ao mundo e reivindicar o talento galego no eido da intelixencia artificial”, celebra o equipo PAMP! quen pide á cidadanía que vote en masa pola canción, para que Galicia e España logren unha candidatura gañadora nesta particular edición de Eurovisión.  

AI-LALELO é unha homenaxe ás mulleres que impulsaron Galicia e a súa tradición, lingua e cultura

Nun proceso creativo de catro meses, o equipo galego compuxo AI-LALELO a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonías, instrumentos e videoclip da canción, cuxo éxito está avalado polas máis de 9.000 reproducións acumuladas nas distintas plataformas de streaming. A iniciativa supón un proxecto punteiro no uso da intelixencia artificial, posicionando o talento galego como referente neste eido. A axencia compostelá Cecubo Group, impulsora do proxecto, é punteira na aplicación de intelixencia artificial na comunicación. 

No caso de que a candidatura gañe con AI-LALELO a terceira edición deste certame, sumaríase ao histórico de vencedoras dos anteriores anos xunto a Beautiful the World de Australia (2020) e Listen To Your Body Choir de Estados Unidos (2021). 

Un concurso nado en 2020

O AI Song Contest naceu en 2020 impulsado pola radio e televisión pública neerlandesa VPRO, coa supervisión da Unión Europea de Radiodifusión, o organismo encargado do Festival de Eurovisión. Despois de dous anos en marcha, Galicia estréase nesta terceira edición do certame, organizado pola comunidade científica á marxe da grande pantalla. 

Só 15 candidaturas clasificáronse para a gala final que terá lugar o seguinte 6 de xullo na Wallifornia Music & Innovation Summit de Liège (Bélxica), a feira da música escrita por intelixencia artificial por excelencia. Un panel de expertos en IA e o televoto decidirán o gañador. Australia venceu o concurso inaugural con Beautiful The World, oda eurovisiva adicada á fauna e flora autóctonas tras sufrir o continente oceánico en 2019 os seus peores incendios, mentres Estados Unidos triunfou o ano pasado con Listen To Your Body Choir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Máis alá dos videoxogos: o uso das imaxes creadas con IA

O investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián analiza no oitavo episodio de O Descodificador as vantaxas e inconvenientes da xeración sintética de gráficos por ordenador

Pódcast | Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da IA

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

Pódese predicir o estrés emocional dos adolescentes a través da voz? Así o investiga atlanTTic

Dende o centro da UVigo lidéranse varios proxectos nos que se utiliza a intelixencia artificial para analizar a fala e, así, mellorar a calidade de vida das persoas