A quinta vaga da pandemia amosa os motivos para a esperanza

O microbiólogo Ignacio López-Goñi analiza os datos e as diferenzas da presente vaga fronte a etapas previas na pandemia da Covid-19

A pesar do rápido aumento de casos, a vacinación está a conter en boa medida os casos graves e as mortes por Covid-19. Imaxe: Pixabay.
A pesar do rápido aumento de casos, a vacinación está a conter en boa medida os casos graves e as mortes por Covid-19. Imaxe: Pixabay.

* Un artigo de

Imos analizar con datos do Ministerio de Sanidade o que aconteceu este verán en España.

Na primeira figura móstrase o número de casos diagnosticados (en azul) e de falecementos (en vermello) por Covid-19 en España desde febreiro de 2020 ata o momento actual.

Fonte: Diego Gómez Deck.
Fonte: Diego Gómez Deck.

Nela, podemos distinguir tres fases durante a pandemia:

  1. De marzo a maio de 2020. A primeira onda, na que ocorre o maior pico de falecementos pero o número de diagnosticados foi moi baixo debido á escasa capacidade de diagnóstico que tiñamos naqueles meses.
  2. De xullo do 2020 a marzo de 2021. As segunda e terceira ondas, nas que coinciden os perfís do número de diagnosticados e de falecementos, cun desfasamento dunhas poucas semanas.
  3. De abril de 2021 ata o momento actual. As cuarta e quinta ondas, durante as cales o número de diagnosticados é maior que o de falecementos. Esta diferenza é especialmente significativa na que denominamos quinta onda.

Unha quinta onda máis leve

Nas seguintes figuras móstranse detalles do número de diagnosticados e falecemento nos últimos meses.

Ao longo da historia, as pandemias compáranse polo número de falecementos. Se reparamos só neste dato, en realidade podemos dicir que houbo tres ondas en España: a primeira e máis intensa nos meses de marzo-maio de 2020, a segunda e menos intensa de agosto-decembro de 2020 e unha terceira máis intensa que a segunda entre xaneiro-febreiro de 2021.

O que estamos a denominar quinta onda foi en realidade unha pequena repunta no número de falecementos, significativamente inferior ás ondas anteriores, a pesar de haber un gran número de casos diagnosticados.

Na seguinte figura analízase a porcentaxe de cada tipo de variante do virus ao longo do 2021.

Desde o mes de xuño de 2021, coincidindo coa quinta onda, foi aumentando progresivamente a variante delta (en verde), respecto á alfa (azul) que antes era a predominante. Para mediados de agosto, a delta xa supoñía máis do 85% das mostras secuenciadas. Esta variante é moito máis transmisible que as anteriores, o que pode explicar, entre outras cousas, a repunta no número de casos.

Unha alta taxa de vacinación en España

Se nos fixamos agora na campaña de vacinación en España, que comezou a finais de decembro de 2020, para mediados de agosto España xa tiña ao 73,2% da poboación con polo menos unha dose e case ao 63% coa pauta completa (o 68% dos vacinados con Pfizer, o 9,8% con Moderna, o 15,8% con AstraZeneca, e o 6,4% con Janssen).

Hai que ter en conta que se necesitan varias semanas despois da dose completa (polo menos dúas) para que a vacinación xere unha resposta robusta.

Cando comparamos estes datos da porcentaxe de poboación totalmente vacinada con outros países, España encabeza a lista, por encima dos Estados Unidos, outros países europeos e mesmo Israel.

As razóns desta alta taxa de vacinación probablemente sexan varias. O primeiro, evidentemente, porque hai vacinas dispoñibles. Por outra banda, porque contamos cun sistema de sanidade pública, que non existe noutros países, capaz de chegar a unha gran parte da poboación de forma eficaz.

En terceiro lugar, porque en España non hai unha gran oposición á vacinación. Somos un país no que as taxas de vacinación infantil adoitan ser das máis altas de Europa e, aínda que haxa xente que dubide das vacinas, non hai movementos antivacunas numerosos e belixerantes como noutros países europeos e Estados Unidos, onde a oposición ás vacinas está a ser un problema moi serio.

Na seguinte figura móstrase o detalle das coberturas vacinais por grupos de idade en España.

Vemos que se conseguiron unhas taxas de vacinación coa dose completa de preto do 94% en maiores de 60 anos, a poboación en risco máis vulnerable, e do 90% en maiores de 40. Poucos países están a ter estas taxas tan altas de vacinación.

Nesta figura vemos a evolución da incidencia acumulada por grupos de idade.

Vemos que esta quinta onda afectou sobre todo á franxa de idade de entre 12 e 39 anos, especialmente a mozos menores de 30 anos, nos que as taxas de vacinación son moito menores. Afectou en menor número aos máis vulnerables e susceptibles de padecer unha Covid-19 grave e falecer, os maiores de 70. Nesta poboación as taxas de vacinación son de máis do 98%.

No bo camiño

En conclusión: esta quinta onda foi en realidade unha onda de diagnosticados. Grazas á alta taxa de vacinación conseguiuse reducir a mortalidade nunha situación na que a variante delta transmitiuse eficazmente entre a poboación non vacinada.

Isto non quere dicir que non houbese falecementos mesmo de persoas vacinadas. Sabemos que as vacinas non son 100% efectivas, e nunha situación dunha alta circulación do virus, algunhas persoas vacinadas pódense infectar, enfermar e mesmo falecer. Pero os datos demostran que as vacinas están a funcionar, e reduciron significativamente os casos máis graves e falecementos no rango de idade máis vulnerable.

Se non houbese esta alta taxa de vacinación, esta quinta onda sería unha desfeita.

Non sabemos como evolucionarán as novas variantes do virus. Algúns datos dos EUA suxiren que nalgúns estados están a aumentar os casos en menores de idade, aínda que hai que ter en conta que nalgúns deses lugares as taxas de vacinación son moi baixas. Nos Estados Unidos, a oposición ás vacinas está a ser un problema serio nalgunhas zonas.

Por outra banda, Israel está a vivir un incremento importante de infeccións en maiores de 60 anos coa pauta completa da vacina, pero este país foi o primeiro en alcanzar altas taxas de vacinación e quizá o efecto da vacina estea a empezar a reducirse nese rango de poboación, e sexa necesaria unha dose de reforzo.

Aínda que o nivel de incerteza segue sendo alto, a situación en España parécese máis ao escenario 3 (pequenos surtos sen un patrón claro de novas ondas epidémicas que se van apagando aos poucos) que comentamos en xuño do ano pasado.

Quizá podemos esperar que o virus siga a súa evolución cara a formas máis transmisibles e máis adaptadas ao ser humano. Ademais, cada vez haberá unha maior proporción de persoas inmunizadas, porque pasasen a enfermidade ou porque as vacinaramos. Así, pode que o virus se faga endémico, siga rexurdindo de cando en vez pero xa en pequenas ondas máis parecidas a esta quinta, se a podemos denominar así.

Sendo realistas, o obxectivo quizá non sexa chegar a cero infeccións ou cero mortes, senón desconxestionar o sistema sanitario. Non é o mesmo 100 mortos nun día que cen falecementos en cen días. 100 mortos nun día colapsan todo o sistema. Se chegamos a un número de falecementos que non supoña un estrés no sistema sanitario, a un número de mortos socialmente aceptable (aínda que soe fatal), poderemos volver todo o máis parecido á normalidade. Pasaremos esta etapa pandémica da que temos que saír canto antes. Haberá outros problemas (tratamentos, covid persistente, outros efectos secundarios, necesidade de novas vacinas) pero xa non será unha situación de emerxencia.

Por isto, hai catro puntos importantes a ter en conta.

1. Hai que seguir impulsando a vixilancia epidemiolóxica, secuenciando e analizando como evoluciona o virus cara a novas variantes.

2. Hai que seguir vacinando ao maior número de persoas posible, sen obsesionarse pola porcentaxe para obter a inmunidade de rabaño.

3. Aínda que cada vez hai máis datos que mostran que a inmunidade pode durar moitos meses, hai que avaliar a necesidade dunha terceira dose de recordo nas persoas maiores (e outros colectivos) máis vulnerables, nas que o seu sistema inmune debilítase co tempo (inmunosenescencia).

4. O virus móvese onde lle deixamos, principalmente nos non vacinados. Hai que vixiar como evoluciona a incidencia e a gravidade da Covid-19 na poboación menor de 12 anos, para avaliar no seu momento se será necesario a súa vacinación (de momento non hai datos).

Aínda que aínda hai certa incerteza, esta quinta onda demóstranos que hai motivo para a esperanza.


* Ignacio López Goñi é catedrático de Microbioloxía na Universidad de Navarra.

Cláusula de divulgación: o autor non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declara carecer de vínculos relevantes alén do cargo académico citado.

Este artigo foi publicado no blog do autor MicroBIO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.