O crecemento do camiño portugués pola costa: non perder a razón

O enorme crecemento do camiño de Santiago como vía relixiosa, pero tamén turística, pódese mirar con facilidade a simple vista observando a mixtura de peregríns coa paisaxe das nosas rutas e vilas. Ademáis este importante crecemento aparece reflexado, con bastante rigurosidade,  nas cifras oficiais da catedral,  que pasan xa de 325.000 visitantes . Veremos no desenrolo do artigo que o camiño, ou mais ben os camiños de Santiago, teñen en Portugal unha enorme tradición e importancia numérica.

No primeiro cadro estatístico  imos ver a importancia da pluralidade de camiños. Así numéricamente as outras vías, diferentes da vía francesa, aportan cada vez máis viaxeiros, pasando dende algo máis de 50.000 viaxeiros no 2011 a máis de 141.000 visitantes peregríns no último año pechado.

Publicidade

Ano 2.011 2.012 2013 2014 2015 2016 2017 2018(*)
Total 183366 192491 215879 237980 262502 277854 301036 327382
Francés 132652 134979 151761 162055 172243 176075 180738 186199
Outros 50.714 57.512 64.118 75.925 90.259 92.722 120.298 141183

Fonte https://oficinadelperegrino.com/ táboa 1 (*)último ano pechado.

É Portugal o país, logo de España, que aporta máis viaxeros. O camiño portugués pola costa convértese na vía de maior crecimiento porcentual, multiplicando más que por catro as súas visitas entre o 2015 e o 2018. Vemos na táboa 2 a evolución das vías recoñecidas neses anos aparte do tradicional camiño francés.

Publicidade

Ano e vía 2015 2016 2017 2918(*)
Total outras 90.273 101.779 120.299 141.179
Camiño portugués (central) 43.151 49.5387 59.233 67.822
C portugués po-la costa —- 2.600 7.329 13.841
C. Norte 15.828 17.289 17.836 19.040
C. Primitivo 11.473 12.089 13.685 15.038
Vía  plata 9.221 9.067 9.138 9.127
C. Inglés 9.247 9.703 11.321 14.150
C. Fisterra 758 770 665 1.131
Outros 581 723 1.092 1.029

Fonte https://oficinadelperegrino.com/ táboa 2 (*) último ano pechado

Así, contabilizadas oficialmente temos nestes anos duas vías, a que chamamos central dende Lisboa e Tui en Galicia, que non cede forza, sendo aínda con moito a segunda das rutas de acceso a Santiago, e a costeira dende Porto e  Vigo,  que ven sendo a de maior crecemento porcentual pasando de 2.600 a 23.841 visitas en tres anos.

Non perder a razón

O camiño portugués de Santiago pola costa é una variante do camiño, e decir é turismo cultural e relixioso. Non é somentes turismo deportivo ou de aventura, ou ecoloxico, ou…., aínda que pode achegar moito en todos os tipos. Non é malo abordar o camiño sen moita fe aínda que é pernicioso loitar contra el facéndoo. Pódese ir cear ben, pódese ir a un pub pero a razón de facer o camiño é a que é e compre participar de ela. Recollemento, meditación.

Aínda que as razóns para abordar unha aventura como o camiño podan ser outras é preciso, cando menos, un respecto absoluto polos costumes.   Non pode ter sentido facer un camino relixioso sen un mínimo resprto a a cultura e a relixión. As razóns que nos levan a facer o camino poden ser outras, non e preciso que sexan relixiosas, pero non cabe facer o camino ca idea de reventar ou criticar aquela cultura que visitamos.

As cifras xa posibilitan que o número de persoas que fan o camiño  teñan motivos diversos, é incluso cab3ría falar dun retroceso das razóns somentes relixiosas. O descenso de razóns puramente relixiosas non pode tapar que ten que ser un camiño cultural-relixioso ou de meditación, non turismo económico.

O camiño portugués pola costa é un dos maiores riscos pois medra considerablemente e posúe atractivos non so culturais, senón de praia, aventura, ecoloxia, natureza, e cruza cidades medio grandes como Porto, Vigo, Pontevedra ou mesmo Santiago, donde a oferta de turismo é grande.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguridade viaria tamén está no Camiño: as novas medidas para o Xacobeo 2027

Turismo de Galicia investirá máis de 1,2 millóns de euros na mellora dos cruces das rutas Fisterra-Muxía e Primitivo como parte dun plan para mellorar a experiencia dos peregrinos

O patrimonio cultural de Europa cobra vida en tres dimensións dende atlanTTic

Investigadores da UVigo desenvolven unha aplicación aberta que emprega intelixencia artificial e realidade aumentada para dixitalizar miles de bens culturais

O ‘postureo’ do peregrino medieval

Na Idade Media, o peregrino non só buscaba salvación espiritual, senón tamén construír unha identidade pública a través da súa imaxe

A viaxe en tren pola Galicia da costa, dos pazos, dos mosteiros e da gastronomía

As posibilidades de facer un turismo máis sostible chegan da man de rutas como a dos queixos ou a do viño Monterrei