Publicidade

En resposta aos creadores da bebida isotónica con auga de mar

Manuel Collado, doutor en Bioloxía Molecular e científico do IDIS de Santiago.
Manuel Collado, doutor en Bioloxía Molecular e científico do IDIS de Santiago.

Estimados mozos emprendedores galegos,

Son “ese tal Manuel Collado*” que pensades que gasta o seu tempo en desacreditarvos. Estades equivocados, desacreditádesvos vós sós cando elixides difundir lixo pseudocientífico como base da propaganda do voso produto. Con todo, decidín gastar algo de tempo en aclararvos, e de paso aclarar aos vosos palmeiros, algúns dos motivos polos que cualifico de “lixo pseudocientífico” vosas afirmacións.

Publicidade

Tentades defender o voso produto, que non contén “química”, dicindo que a auga de mar contén case todos os elementos químicos, incluídos moitos de enorme toxicidade, por certo. Asegurades que o corpo humano ten unha composición de elementos químicos – oh milagre -practicamente igual á do mar. Dareivos unha pista, todo o que existe no universo comparte os mesmos elementos químicos básicos. Por iso, se reducimos toda a materia aos seus elementos químicos esenciais atoparedes que basicamente son os mesmos elementos. Se analizamos os elementos químicos presentes na bosta de vaca, por exemplo, atoparemos que son os mesmos que nos compoñen. Propóñovos lanzar ao mercado unha nova bebida isotónica, revitalizante, reconstituínte e “chupiguai” baseada na bosta de vaca galega autóctona alimentada con pastos forraxeiros sustentables. Regálovos a idea.

Vexo que manexades Google como ferramenta científica de primeira orde para informarvos e que pensades que atopar un documento na internet é garantía de fiabilidade e rigorosidade. A final de contas, dicides que o que fai un científico é “ler e comparar”. E non, estades moi equivocados. O que fai un científico é elaborar unha hipótese e ensaiar, experimentar, empregando condicións obxectivas, medidas precisas, para obter uns resultados o máis axustados posibles á realidade.

Publicidade

Por iso, un científico pediríavos que lle acheguedes probas dos supostos beneficios que afirmades posúe a vosa auga. É máis, a lexislación tamén volo esixe, ou non o sabiades? Cando dicides que o consumo da vosa auga é unha solución para a resaca, en que estudo científico vos baseades? Poderiades, por favor, indicar o artigo científico publicado en revista con revisión por pares no que detallastes o estudo para que poida comprobar os grupos de suxeitos incluídos, se era dobre cego, os parámetros que medistes, a estatística, etc.? O mesmo vos pediría cando dicides que o consumo da vosa auga permite alcalinizar o pH do sangue. Ou cando dicides que axuda á recuperación do organismo tras exercicio físico, ou que é boa para as afeccións da pel (poderiades detallar a cales vos referides?), ou que reequilibra a función encimática (de que encimas estades a falar?). Interésame especialmente a afirmación que facedes de que a vosa auga promove a rexeneración celular. Isto publicástelo nalgunha revista? Ides presentalo no próximo congreso internacional de rexeneración? Podédesme adiantar algo do mecanismo molecular polo que a auga promove a rexeneración celular?

É evidente que tedes un descoñecemento total e absoluto do que é un estudo científico. Por iso atrevédesvos a denominar como tal ao panfleto publicado na web por un charlatán sen ningunha actividade nin experiencia científica como o que referenciades. Se esas son as vosas fontes “científicas”, normal que fagades afirmacións tan absurdas. De feito, declarádesvos seguidores do francés René Quintón, un charlatán de feira de hai máis de 100 anos que aseguraba que revivía a un can morto substituíndo o seu sangue por auga de mar. Se cadra, vós considerádelo un emprendedor, pero para a maioría da xente sensata iso é un exemplo de charlatanería barata.

Paréceme moi ben que montedes un negocio de bebida isotónica empregando auga de mar tras os seus rigorosos controis sanitarios e de calidade, e que defendades a conservación do medio ambiente. Aínda que non sei como cadra o concepto de sustentabilidade e o de respecto ao medio ambiente co negocio de vender auga embotellada, a verdade. Pero non vos randeedes afirmando que o consumo de auga de mar ten algunha propiedade salubre nin realizando afirmacións que están directamente en contra da evidencia e o coñecemento. Á parte de ser falso, fomenta unhas ideas e unhas actitudes contrarias á ciencia que a sociedade non se merece.

Un saúdo,

Ese tal Manuel Collado.

*Manuel Collado é doutor en Bioloxía Molecular e líder do laboratorio de Celulas Nai e Cancro no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela.

 

tolociencia/resaca-auga-costa-da-morte/

 

 

 

 

8 COMENTÁRIOS

  1. Ese Manuel Collado, doctorado en Biología y trabajador de la sanidad pública, pagada por todos, se cree que está el derecho de insultar a los que apoyamos iniciativas privadas que, entre otras cosas, financian los servicios públicos de los que el vive, y se atreve a llamarnos Palmeiros porque no comulgamos con el. Se ve que se le han agotado las ideas. Eres solo un biólogo y que investigues sobre células madre no te da autoridad a que opines sobre química, medicina o psiquiatría o sostenibilidad, te da, como mucho, autoridad a hablar de células madre. Deja de descalificar y concéntrate en devolver a la sociedad lo que te ha dado y está dando, e investiga los motivos por los que cada vez hay más cancer de todo tipo en la sociedad, quizá si erradicásemos el problema no habría que buscar soluciones. Le saluda un palmeiro

  2. Lo increíble de todo esto Manuel, Como pierdes el tiempo en escribir tanto sobre algo que consideras tan malo? tus seguidores que yo no califico de palmeros, te estarían eternamente agradecidos si descubrieses la fórmula magistral para la caída del pelo con células madre y si me apuras un poco, la solución para el cáncer, lacra en la actualidad.
    Déjate de regalar ideas con mierda de vaca y regálanos curas definitivas. hasta te voy a mandar un beso.

    • No se preocupe Paloma, que ya me esfuerzo al máximo de mis posibilidades en mi trabajo. Desmontar falsedades y aclarar afirmaciones pseudocientíficas lo considero también mi obligación y no me cuesta emplear algo de mi escaso tiempo en ello. Cuando quiera le dedico algo de mi tiempo a explicarle con más calma cualquiera de estos asuntos. Un beso también para usted.

    • ¿Echar un ojo a un artículo de la revista «Evidence Based Complementary and Alternative Medicine»? ¿Para qué perder el tiempo? Siempre sale lo mismo: resultados fabulooooosos e incuestionables para la pseudoterapia del día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia lidera un estudo que personalizará a inmunoterapia en cancro de pulmón

O traballo empregará unha técnica non invasora que permite analizar o ADN e as células tumorais presentes no sangue dos pacientes

Un equipo de Santiago descobre como mellorar a eficacia dun fármaco para a esquizofrenia

Investigadores do CHUS revelan que dous encimas hepáticos poden acelerar ou minorar a actividade dun antipsicótico que se emprega para varios trastornos de saúde mental

“O 40% dos familiares de doentes de alzhéimer teñen problemas económicos polos coidados”

A neuróloga do CHUS Susana Arias advirte que os casos de demencia están aumentando e o seu impacto "será brutal"

Un xuíz advirte ao Sergas de erros reiterados na diagnose de torsión testicular

A Xunta anuncia que revisará os protocolos asistenciais e valora impartir formación específica aos profesionais sanitarios