Que efecto ten no consumo do gas baixar un grao o termostato da calefacción?

*Un artigo de 

A actual crise de subministracións provocada pola invasión de Ucraína por parte de Rusia fixo tomar diversas medidas á Unión Europea. No ámbito enerxético, estas medidas propuxéronse desde o paquete REPowerEU, que persegue reducir en dous terzos a demanda do gas ruso antes de que termine 2022.

Publicidade

Entre elas atópase a petición de reducir un grao a temperatura do termostato dos sistemas de calefacción das nosas vivendas. Que efecto tería esta medida nun país mediterráneo como España? A Cátedra de Energía y Pobreza de Comillas ICAI tratou de dar resposta a esta cuestión.

O panorama español

Aínda que España non é tan dependente do gas ruso como o resto de Europa —menos do 10% do noso consumo procede de Rusia—, vale a pena explorar o percorrido do REPowerEU a nivel nacional.

Publicidade

En 2021 España consumiu 379 TWh de gas natural, dos que o 15% se dedicou a calefacción, o 60% a industria e o 25% a xeración eléctrica mediante ciclos combinados.

Para tratar de reducir a demanda de gas, a Axencia Internacional da Enerxía propuxo recentemente un conxunto de dez medidas para Europa que se poderían aplicar nos tres sectores consumidores de gas en España:

  • Industria. Poderíase recorrer á recuperación de calores residuais con bombas de calor para satisfacer a demanda de baixa temperatura, a colectores solares térmicos de concentración para demandas de media temperatura e a biomasa sólida e gases renovables para a demanda de alta temperatura.
  • Xeración eléctrica. Continuaríase cos investimentos en renovables, pero dotándoas de almacenamento (hidráulica de bombeo e centrais termosolares con sales fundidos) e hibridación, acometendo técnicas de xestión activa de demanda e considerando mesmo prolongar a vida das centrais nucleares e explorar a construción de reactores modulares pequenos nos emprazamentos das centrais actuais.
  • Edificación. Para reducir o 15% de consumo de gas correspondente á calefacción, habería que substituír as caldeiras de gas por bombas de calor aerotérmicas en zonas con invernos moderados e xeotérmicas en zonas con invernos severos, así como integrar a biomasa e o biometano como tecnoloxías ponte.

A demanda de calefacción en España

Mentres eses cambios, que non son inmediatos, se producen, pódese actuar desde o aforro enerxético. O Código Técnico da Edificación establece un procedemento —empregado pola Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética 2019-2024 para avaliar o gasto térmico requirido— para determinar a demanda de calefacción dun edificio. Este procedemento fixa os 20ºC como temperatura basee para o cálculo da demanda de calefacción.

Tras determinar a demanda de referencia de cada zona climática de España, estimamos a demanda térmica requirida de calefacción segundo o nivel de illamento da vivenda. Promediando os resultados a todo o territorio nacional e tendo en cuenta o rendemento medio das caldeiras (90%), o tamaño medio das vivendas en España (104 m²) e o número de fogares con calefacción de gas natural (32,3% do total), determinamos a demanda de calefacción media en España a partir da cal se obtivo o consumo de gas a nivel nacional.

Despois, repetimos os cálculos reducindo cada vez un grao a temperatura base para determinar o aforro de gas ao modificar a consigna do termostato.

O impacto da baixada no consumo nacional

Segundo as nosas estimacións, baixar o termostato de 20 a 19 graos provoca unha redución dun 2,9% no consumo total de gas a nivel nacional. Dita redución non é constante: poñer o termostato a 15 graos reduciría o consumo nunha cantidade proporcionalmente menor, un 11,8% do consumo total a nivel nacional. Isto explícase porque ao reducir cinco graos, hai unha redución de só o 2,2% por cada grao.

A medida tamén leva implícita a redución de emisións, sendo en media de 2,2 millóns de toneladas de CO₂ por cada grao no intervalo mencionado, comparable coas emisións de CO₂ de todos os coches de España durante 10 días.

Ademais, a nivel doméstico, baixar a temperatura de casa un grao derivaría nunha redución media do consumo por fogar de 477 kWh/°C e un aforro medio anual duns 30 euros por cada grao menos, tendo en conta a actualización de prezos e os impostos.

Doutra banda, a medida analizada produciría unha redución media das emisións de CO₂ en cada fogar de 120 kg CO₂/° C, o que supoñería recortalas un 3,5 % (datos para un fogar medio en 2019).

Conclusións

Tendo en cuenta os estudos de economía condutual e a menor redución relativa do consumo ao diminuír máis a temperatura na vivenda, baixar un grao o termostato pódese considerar unha medida de aforro eficaz. Con todo, non é aplicable a fogares vulnerables que xa están infraconsumindo, é dicir, os fogares en pobreza enerxética oculta.

Doutra banda, a baixa dependencia de España do gas ruso non nos ten que desviar de dous dos obxectivos principais da transición enerxética no sector residencial: mellorar o illamento das vivendas e descarbonizar os sistemas de climatización para reducir drasticamente a pegada de carbono.


*Roberto Barrella é investigador predoutoral da Cátedra de Energía y Pobreza, ICAI. Eva Arenas Pinilla é profesora e investigadora da Cátedra Rafael Mariño de Nuevas Tecnologías Energéticas. José Carlos Romero Mora é coordinador da Cátedra de Energía y Pobreza. José Ignacio Linares Hurtado é catedrático de Enxeñaría Enerxética. Todos eles vinculados á Universidad Pontificia de Comillas.

Cláusula de divulgación: 

  • Roberto Barrella pertence á Catedra de Enerxía e Pobreza da Universidade Pontificia Comillas, pero os resultados, conclusións e opinións reflectidos nas publicacións realizadas polos membros da Cátedra son resultado da súa liberdade de opinión como expertos rigorosos e independentes nas distintas áreas do coñecemento, sen que de ningún xeito representen ou fosen influídos polas empresas ou institucións que contribúen ao financiamento da Cátedra. A lista de entidades financiadoras e colaboradoras da Cátedra pode consultarse na súa páxina web: https://www.comillas.edu/catedra-de- energia-e-pobreza
  • Eva Areas Pinilla recibe financiamento por parte de empresas, Ong e institucións públicas relacionadas co ámbito enerxético para realizar parte da súa investigación. A pesar diso, declara que os resultados, conclusións e opinións das súas publicacións non representan nin foron influídas por estas entidades.
  • José Carlos Romero pertence á Catedra de Enerxía e Pobreza da Universidade Pontificia Comillas, pero os resultados, conclusións e opinións reflectidos nas publicacións realizadas polos membros da Cátedra son resultado da súa liberdade de opinión como expertos rigorosos e independentes nas distintas áreas do coñecemento, sen que de ningún xeito representen ou fosen influídos polas empresas ou institucións que contribúen ao financiamento da Cátedra. A lista de entidades financiadoras e colaboradoras da Cátedra pode consultarse na súa páxina web: https://www.comillas.edu/catedra-de- energia-e-pobreza
  • José Ignacio Linares recibe financiamento por parte de empresas, Ong e institucións públicas relacionadas co ámbito enerxético para realizar parte da súa investigación. A pesar diso, declara que os resultados, conclusións e opinións das súas publicacións non representan nin foron influídas por estas entidades.
The Conversation
The Conversation
https://theconversation.com/es

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cantas persoas morren realmente por calor?

En verán publícanse distintas cifras sobre os falecementos asociados ás altas temperaturas, pero non todas as ferramentas miden o mesmo e, en moitos casos, son estimacións

Por que está de moda o magnesio?

Unha inxestión insuficiente do mineral pode asociarse a fatiga, debilidade e alteracións neuromusculares, pero non significa que haxa que suplementarllo a todo o mundo

“Ver” coa pel: o enigma visual de polbos, chocos e luras

Os ollos dos cefalópodos conteñen un único tipo de proteína fotosensible, o que equivale a ver en branco e negro. Por Antonio Figueras

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé