Abraiante vídeo no fondo do mar: un mero devora un tiburón enteiro

Investigadores estadounidenses gravan unha peculiar escena no medio dun banquete de peixes arredor dun peixe espada morto

Pola dificultade de achegarse a eles, non adoita haber imaxes que poidan amosar como é a vida nun día normal no fondo do mar. Son ecosistemas cheos de vida, onde conviven todo tipo de especies, coas súas relacións e xerarquías. Por iso, cando os científicos da NOAA se atopan con imaxes como as que recolleron na costa de Estados Unidos, estes vídeos adoitan percorrer o mundo por amosar o abraiante e desconcertante que pode ser a naturaleza no seu esplendor. E podemos ver, como é o caso, a un mero (Polyprion americanus) devorando unha especie de tiburón (Squalus clarkae) descuberta recentemente nesta zona da costa norteamericana.

As imaxes foron captadas no marco da busca do petroleiro SS Bloody Marsh, afundido por tropas alemanas durante a Segunda Guerra Mundial. Foi a 450 metros de profundidade e a uns 130 quilómetros da costa de Carolina do Sur. Un grupo de tiburóns está devorando os restos dun peixe espada cando aparece na zona un mero, tamén coñecido como cherna.

Publicidade

E de súpeto, acontece algo inesperado. As cámaras captan como o mero caza un dos tiburóns e comeza a devoralo, ante a sorpresa e exclamacións dos científicos que seguían a escena.”É un feito raro e sorprendente, que deixa máis preguntas que respostas, pero esta é a natureza e a fermosura da exploración científica”, declarou o científico Paul Auster, da Universidade de Connecticut.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que nos di a escuma do mar da saúde das praias?

O fenómeno xérase pola axitación producida pola forza das ondas e dos ventos que, ao combinarse coa materia orgánica disolta, forma unha dispersión de auga e burbullas de aire. Por Gumersindo Feijoo Costa

A tropicalización do mar muda o ecosistema: Galicia rexistra xa 50 especies exóticas dende 1945

O investigador Rafael Bañón apunta a que o quecemento favorece a chegada de peixes pouco habituais como o peixe porco ou a rémora azul

E non podemos aproveitar a auga de tanta chuvia?

As intentas chuvias actuais xeran escorrentías e inundacións que non se aproveitan por falta de infraestruturas e estratexias de captación adecuadas

Praias galegas pechadas ao baño pola carabela portuguesa: por que hai cada vez máis?

Os movementos das correntes e os cambios na temperatura do mar son algunhas das causas do aumento da súa presenza na comunidade