Un estudo di que non queremos cartos de persoas que nos caen mal

Investigadores das universidades de GranadaFriburgo (Alemaña), xunto co University College of London, levaron a cabo un estudo que demostra que cando temos unha mala opinión sobre unha persoa, hai máis probabilidades de que rexeitemos o seu diñeiro, aínda que faga unha oferta que nos beneficie. “Isto débese a que a información social que temos sobre esa persoa inflúe na nosa decisión”, indican os investigadores. Ademais, a xente está disposta, mesmo, a perder cartos con tal de non os aceptar de persoas das que teñen unha mala consideración.
Neste estudo, que foi publicado na revista Frontiers in Decision Neuroscience, os investigadores traballaron con dous grupos formados por 36 persoas cada un, de entre 18 e 27 anos, todos eles alumnos da Universidade de Granada.

Os participantes tiñan unha reacción contraintuitiva e preferían perder cartos

Para levar a cabo este traballo, os seus autores empregaron o xogo económico Ultimato, no que os participantes reciben ofertas sobre divisións de sumas de diñeiro que lles fai un compañeiro.
Estas ofertas poden ser xustas (por exemplo, dividir 10 euros en cinco para cada un) ou inxustas -dividir 10 euros en nove para min e un para ti-. A decisión racional, segundo os investigadores, sería aceptar todas as ofertas, xa que aínda que un euro de 10 sexa inxusto, segue sendo diñeiro, sinala María Ruz, do Centro de Investigación Mente, Cerebro e Comportamento (CIMCYC) da UGR.
Non obstante, os investigadores atoparon, replicando estudos previos, que a maioría dos participantes tendían a rexeitar ofertas do tipo inxusto, un efecto que parece mediado por unha resposta emocional negativa ante a inxustiza. Segundo Ruz, este traballo mostra que “a opinión que temos sobre aspectos morais das persoas coas que interaccionamos tamén fai que aceptemos ou rexeitemos as ofertas de diñeiro que nos fan”.

Publicidade

Nas interaccións económicas inflúen os aspectos morais das persoas

Deste modo, se temos unha boa opinión da outra persoa, aceptamos máis veces o seus cartos que se non a temos. “Por outro lado, se temos unha mala opinión de alguén, rexeitamos o seu diñeiro con maior probabilidade. Ambas as dúas cousas acontecen tanto para ofertas xustas como para as inxustas”, destaca a autora.
Durante a realización deste estudo, ademais, “a xente estábase a xogar diñeiro real (pagábaselles máis canto máis ofertas aceptaban)”. Os resultados, polo tanto, son contraintuitivos, ” pero é o que atopamos: estamos dispostos a perder cartos con tal de non o aceptar de persoas das que temos unha mala opinión”, conclúe a investigadora.

A investigación pode consultarse
neste artigo de Neuroscience

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En que gastan os galegos? Así se reparte o seu diñeiro segundo o INE

O Instituto Nacional de Estatística posiciona Galicia entre as comunidades con maior investimento en alcol e tabaco, sanidade e cultura, por encima da media estatal

Jack O Destripador estivo na Coruña? Así o contaron os xornais da época

Os diarios británicos fixéronse eco da presunta chegada do asasino á cidade herculina, e relacionárono coa desaparición de dúas rapazas

Non só en luces led de Nadal: Vigo supera a Londres en néboa e chuvia

A cidade olívica case triplica o número de litros de auga por metro cadrado recollidos de media ao ano en comparación con Londres

Atopadas dúas granadas no rexistro da propiedade de Corcubión

Unha limpadora atopou os artefactos na porta do edificio e chamou á Garda Civil, que desaloxou o inmoble á súa chegada