Esta mañá foron atopadas dúas granadas na porta da oficina do rexistro da propiedade de Corcubión (A Coruña). Foi unha limpadora a que deu con elas a primeira hora xusto ao lado do acceso principal do inmoble. Axentes da Garda Civil achegáronse á zona tras a chamada da muller e desaloxaron o edificio e acordoaron o recinto. Os expertos en explosivos están investigando se as granadas teñen carga e se estaban activadas ou non. Radio Nordés publicou as imaxes dos proxectís así como un vídeo in situ da investigación.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












