A túa idade inflúe no que podes ver nesta clásica ilusión óptica

Esta vella ilusión óptica ten por nome ‘My Wife and My Mother- in-Law‘ (A miña muller e a miña sogra). E baséase na percepción facial: é posible ver a unha muller nova afastarse ou o perfil dunha muller maior mirando solemnemente cara ao lado esquerdo do debuxo.

Con todo, hai unha pista para ver as dúas imaxes: o colar da nova é a boca da anciá. O queixo da moza dóbrase como o nariz da muller maior, e o queixo da anciá tamén é o peito da rapaza.

Publicidade

ilusión óptica anciá

Agora, un estudo australiano tentou determinar se existe un sesgo na idade do observador que determine que figura se ve primeiro. Segundo o estudo, unha persoa máis nova verá primeiro á muller máis nova, mentres que as persoas maiores primeiro verán á muller maior.

O estudo incluíu a 393 participantes (242 homes, 141 mulleres) de entre 18 e 68 anos, aínda que a idade media foi de 32 anos. Mostróuselles a imaxe durante medio segundo, e logo preguntáronlles o sexo e a idade da persoa que viron. Aínda que a maioría dos participantes viron á muller máis nova primeiro, podería deberse a que moitos dos participantes eran novos. Cando os investigadores separaron ao 10 por cento máis vello e ao 10 por cento máis novo dos enquisados, descubriron que o grupo máis vello vía primeiro á muller maior e o máis novo á muller nova.

Publicidade

O obxectivo do estudo foi determinar se “a idade afecta a interpretación inicial dunha imaxe a nivel subconsciente”.

O artigo foi publicado en Scientific Reports, do grupo Nature
e podes consultalo aquí:

Perception of an ambiguous figure is affected by own-age social biases

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos

Un equipo galego valida un sistema de IA para predicir o risco de desenvolver diabetes

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar a revista 'Nature' e que conta coa participación da USC

Descifrada a "caixa negra" do cancro

Un estudo de 'Nature' analiza 2.000 mostras de pacientes e revela que as marcas de metilación do ADN son capaces de desvelar a procedencia dos tumores e anticipar o seu comportamento clínico

Reescriben o xenoma humano con miles de variacións antes invisibles

Tecnoloxías como a do CRG de Barcelona e novas secuencias de ADN completas permiten construír o mapa máis preciso ata o momento