Venres 6 Decembro 2024

Todas estas esferas son da mesma cor (o teu cerebro non o sabe)

O enxeñeiro estadounidense David Novick explica esta ilusión óptica que segue o efecto Munker

As doce esferas que ves nesta imaxe son da mesma cor. Pero ti dirías que hai catro verdes, catro azuis e catro avermelladas. Non é certo. É o teu cerebro que as interpreta dese xeito. E esta ilusión óptica se ten convertido nun dos fenómenos virais da semana.

Aquí podemos ver o mesmo en detalle:

Publicidade

As esferas en detalle.

O autor da imaxe é o enxeñeiro estadounidense David Novick, que traballla na Universidade de Texas e está considerado un dos grandes expertos mundiais en ilusións ópticas. E tamén hai unha versión con cubos:

Para comprobar que o teu cerebro é o responsable do engano, abonda con pasar as liñas horizontais cara atrás, por baixo das esferas. E son marróns. Todas.

Publicidade

As esferas son marróns.

O efecto óptico denomínase ‘ilusión de Munker‘ e amosa que o cerebro humano é mellor para distinguir formas que cores. E neste caso, expandimos a cor das raias ata as esferas, de xeito que o noso sistema visual interpreta que teñen cores diferentes.

A ilusión de Munker xa foi viral hai un ano cando apareceu a imaxe destas caveiras:

As dúas caveiras son vermellas.

O teu cerebro percibe que as dúas caverias son distintas, pero en realidade as dúas son vermellas. Se prestas atención á caveira da dereita poderás comprobar que as franxas amarelas están superpostas ao resto. Mentres tanto, as raias azuis son protagonistas na figura da esquerda. Deste xeito, o autor da ilusión óptica pode enganar ao cerebro do espectador e alterar a súa percepción da cor.

Todo iso grazas á ilusión de Munker-White. Un efecto óptico, que leva ao cerebro a organizar a información atendendo á luminancia percibida do obxecto, que provoca que percibamos as figuras de distintas cores.

E aquí podes ler a reportaxe sobre o certame de ilusións ópticas que a galega Susana Martínez-Conde organiza cada ano na Universidade do Estado de Nova York:

Sete ilusións ópticas que descontrolan o noso cerebro

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ilusión óptica do buraco negro que parece saír da imaxe

Unha nova investigación amosa unha ilusión óptica que engana ao ollo...

Como conseguía levantar o voo o maior pterosauro do mundo?

Un estudo aporta novos indicios sobre os métodos de engalaxe, voo e aterraxe de Quetzalcoatlus northropi, o animal voador máis grande que se coñece

Esta ilusión óptica revela se tes cegueira á curvatura

Que ves na imaxe? Todas as liñas onduladas son iguais? Ou algunhas esquinas son máis pronunciadas ca outras en función da área?

Un estudo revela por que nos engana esta ilusión óptica

O novo traballo conclúe que o noso cerebro ten de xeito innato un mecanismo para identificar o brillo e a luminancia