Venres 29 Marzo 2024

Ter seis dedos pode non ser tan inútil

Un estudo en Nature Communications revela que a polidactilia pode ser unha vantaxe e recomenda avaliar caso a caso antes de amputar

Non é raro nacer cun dedo ou unha deda de máis. De feito, 1 de cada 500 bebés teñen esta malformación,chamada polidactilia, que corresponde a un trastorno xenético polo que aparece un dedo adicional na man ou no pé, que reciben a denominación de “dedos supernumerarios“.

Polo xeral, estes dedos ou dedas extra adoitan ser amputados tras do nacemento, aínda que non supoñen un problema para a saúde. Normalmente, é por unha cuestión estética.

Publicidade

Man con seis dedos nun dos gráficos do estudo en Nature Communications.

Pero un novo estudo con dúas persoas que mantiveron os seus dedos adicionais, polo que teñen seis en cada man, demostrou que non sempre a polidactilia é un problema: porque eles poden escribir nos seus teléfonos, xogar videoxogos complicados e mesmo atar un cordón de zapatos cunha soa man.

Como sinalou o bioenxeñeira Etienne Burdet, do Imperial College de Londres, “os dedos das mans e dos pés son vistos tradicionalmente como un defecto de nacemento, polo que ninguén pensou estudar como de útiles poderían ser realmente”.

Nalgúns casos, eliminar os dedos adicionais non é un procedemento simple. Cada díxito extra ten a súa propia estrutura ósea, tendóns e musculatura, todos incorporados na estrutura da man, polo que os médicos non só teñen que eliminar a parte estraña, senón reestruturar todo o conxunto.

Con todo, o novo estudo de caso explora un escenario diferente. No caso dunha nai de 52 anos e o seu fillo de 17 anos, os díxitos adicionais estaban ben formados e completamente desenvoltos. Ambos naceron cun dedo extra entre o polgar e o índice, en ambas as dúas mans.

Isto brindou ao equipo de investigación unha excelente oportunidade para responder algunhas preguntas sobre a polidactilia. “Primeiro, o movemento do dedo adicional é accionado polos músculos doutros dedos, ou ten os seus propios músculos e nervios dedicados?”, escribiron no seu artigo. “Segundo, que tan independente é o dedo extra dos outros dedos? Acompaña o movemento dos dedos comúns, cou se move pola súa conta?”

Tamén querían saber se operar cun dedo adicional ou supernumerario en cada man facía que o cerebro traballase máis, en detrimento de a función cognitiva no seu conxunto.

Radiografía dunha man con polidactilia.

Entón, idearon unha serie de tarefas para poñer a proba a destreza dos suxeitos. Isto incluía videoxogos personalizados e tarefas de manipulación de obxectos, como atar cordóns de zapatos, voltear páxinas de libros e dobrar servilletas. Estes comparáronse con 13 individuos control que fixeron as mesmas tarefas cos habituais cinco dedos.

Os investigadores atoparon que os suxeitos polidáctilos eran máis destros que que tiñan cinco dedos. E que os dedos supernumerarios facilitaban a súa actividade. Ä resonancia magnética funcional de alta resolución (IRMf) revelou que o cerebro traballou máis para controlar os dedos adicionais, pero, polo que os investigadores puideron dicir, non houbo ningún detrimento cognitivo xeneral.

“Os cerebros do individuo polidactilo estaban ben adaptados para controlar a carga de traballo adicional, e mesmo tiñan áreas dedicadas para os dedos adicionais”, dixo Burdet: “É sorprendente que o cerebro teña a capacidade de facer isto aparentemente sen pedir recursos prestados doutra parte”.

O resultado do estudo revela que algunhas persoas con polidactilia teñen vantaxes sobre os que teñen cinco dedos. Así que recomendan estudar a fondo cada caso, e avaliar as consecuencias ante de amputar. Porque podería non ser necesario.

A investigación foi publicada en Nature Communications

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo revela que embarazo muda o cerebro das nais para fortalecer o vínculo cos fillos

A forte alteración hormonal que acontece no corpo das mulleres durante a gravidez facilita a relación cos bebés segundo un paper da Nature Communications

Sabes por que te orientas mal? O teu lugar de nacemento ten moito que ver

Un estudo internacional indica que as persoas criadas na cidade teñen peores habilidades que as que medran nas aforas

Un novo ecosistema está a medrar na “illa de lixo” do Pacífico

Un estudo publicado en Nature Communications alerta de que os organismos costeiros xa están comezando a habitar o mar aberto grazas aos plásticos

A mutación xenética dunha familia de Utah que viaxou polo mundo durante séculos

Un estudo rastrexa a propagación xeográfica dun xene implicado na fibrilación auricular en idades temperás, creando unha liña do tempo que se remonta 300 anos