Detectan as rexións do cerebro que se activan nos matemáticos

As orixes da capacidade humana para as matemáticas é obxecto de debate entre os científicos desde hai tempo. Algunhas hipóteses expoñen que esa habilidade para o cálculo está relacionada coas competencias da linguaxe, pero outras apuntan que está baseada no coñecemento innato que o Homo Sapiens ten do espazo, o tempo e os números.

Agora os investigadores Marie Amalric e Stanislas Dehaene da Unidade de Neuroimagen Cognitiva Inserm-CEA, ao sur de París, publican na revista PNAS diversas evidencias e probas gráficas sobre a base neural que está detrás do pensamento matemático avanzado.

Publicidade

Tomáronse imaxes das rexións cerebrais activas durante a execución das tarefas

Estes científicos tomaron imaxes por resonancia magnética funcional (unha técnica que mostra as rexións cerebrais mentres executan unha determinada tarefa) en 15 matemáticos profesionais e 15 que non o eran, pero con igual nivel académico. A ambos os grupos presentóuselles unha serie de enunciados matemáticos e non matemáticos de alto nivel, e pedíuselles que avaliasen cada afirmación como verdadeira, falsa ou sen sentido.

Os resultados reflicten que os exercicios relativos á análise matemática, álxebra, xeometría e topoloxía activan un conxunto particular de zonas do cerebro da rexión intraparietal, o lóbulo temporal inferior e o cortex prefrontal nos matemáticos, pero non nas outras persoas.

Publicidade

“Estas rexións cerebrais son distintas dos relacionadas co procesamento da linguaxe e a semántica, que se activaron de modo similar nos dous grupos”, sinalan Amalric e Dehaene no seu estudo.

Os datos revelan ademais que as partes do cerebro “acesas” nos matemáticos polos exercicios de alto nivel tamén se activaron, tanto neles como nos individuos non matemáticos, cando se expuxeron operacións e cálculos aritméticos moi sinxelos.

“O coñecemento na infancia predí o rendemento matemático posterior”

Segundo os autores, estes resultados apoian a hipótese de que o pensamento matemático de alto nivel desprega a mesma rede neural que a do sentido básico ou intuitivo dos números (ambas comparten raíces comúns do circuíto cerebral), e que é distinta á rede da linguaxe.

“Os nosos resultados suxiren que o pensamento matemático de alto nivel fai uso mínimo das áreas da linguaxe, e que, no seu lugar, utiliza circuítos que inicialmente están involucrados nos conceptos de espazo e número”, conclúen Amalric e Dehaene, “o que podería explicar por que o coñecemento destes dous conceptos durante a primeira infancia axuda a predicir o rendemento matemático posterior”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia de Ciencias de EE UU retira o estudo sobre a curación do cancro de páncreas en ratos de Barbacid

A revista PNAS retracta o artigo ao detectar relacións non declaradas dos autores coa empresa Vega Oncotargets

Matemáticos galegos desenvolven un código que predí a evolución da covid

Os científicos da USC e da UVigo basearon o cálculo no ‘xemelgo dixital’ da NASA, xurdido para simular o modelo físico dunha nave aeroespacial

As aletas dos peixes e os dedos humanos créanse mediante mecanismos similares

Un equipo do CSIC estuda como se formaron certas estruturas óseas nos primeiros vertebrados que conquistaron o medio terrestre

"A diferenza entre científicos e artistas xa é irrelevante: farán o que non faga a intelixencia artificial"

Rubén Ramos, que combina ciencia e a arte nas súas pezas, reflexiona sobre a conexión entre ámbalas dúas disciplinas