Por que os bocexos son tan contaxiosos?

Un estudo liderado por un investigador estadounidense asegura que é unha maneira de sincronizar o comportamento e activar o estado de alerta colectivo

Bocexas cada vez que alguén abre a boca? Incluso se é o teu can? Contaxioute o gato que aparece na foto principal? A comunidade científica está bastante de acordo na importancia fisiolóxica dos bocexos, ben sexan inducidos por sono ou por comodidade. Mais o motivo polo que o acto de abrir a boca é tan contaxioso entre animais sociais aínda non está claro. Agora, unha revisión liderada polo biólogo Andrew Gallup do Instituto Politécnico da Universidade Estatal de Nova York parece que atopou a resposta: o bocexo poder ser unha maneira de sincronizar o comportamento e activar o estado de alerta colectivo.

A teoría máis aceptada en relación á importancia dos bocexos, segundo apuntan en ScienceAlert, é que se trata dunha maneira de moderar a temperatura do sangue nun esforzo por arrefriar o cerebro. E así é que nos momentos de cansazo, ou incluso de relaxación, apretamos a mandíbula, o diafragma flexiónase con forza e aspiramos  aire fresco e limpo. E, moitas veces, facémolo porque nolo contaxia outra persoa (ou animal).

Publicidade

Un beneficio para o grupo social

Segundo se recolle no estudo, o desencadeamento de bocexos sucesivos entre individuos —un comportamento tan contaxioso que incluso atravesa as barreiras entre especies— derivaría nun beneficio para o grupo social. Neste caso, nun arrefriamento colectivo dos cerebros. En palabras de Gallup, o bocexo podería entenderse como unha chamada de atención que axuda a compensar a somnolencia dos individuos. Así é que un rápido “arrefriamento do cerebro” pola entrada de aire fresco podería ser a forma perfecta de preparalo para unha futura tarefa, sen que sexa necesario que se poña en modo loita ou fuxida.

“Mostramos á xente conxuntos de imaxes que incluían estímulos ameazantes —imaxes de serpes— e estímulos non ameazantes —imaxes de ras— e cronometramos a rapidez coa que podían distinguir esas imaxes despois de ver vídeos de persoas bocexando ou movendo a boca doutras maneiras”, declara Gallup. “Despois de ver bocexar a outras persoas, a súa capacidade para identificar e detectar serpes, os estímulos ameazantes, mellorou de xeito rápido. Porén, despois da observación do bocexo, a detección das ras non se viu afectada”, conclúe o investigador.

Publicidade

A idea de Gallup xa está lista para dar un paso máis: a experimentación. Descubrir os secretos dun bo bocexo podería darnos a claves sobre as formas sutís de comunicación dentro e entre as especies sociais, incluída a nosa. Sexa cal sexa o motivo de que o bocexo sexa tan contaxioso, calcula: cantas veces bocexaches durante a lectura do artigo?


Referencia: The causes and consequences of yawning in animal groups (Publicado en Animal Behavior)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Onde nace a atención? A neurociencia ten a resposta

O cerebro organiza estímulos e dirixe o foco cara ao relevante mediante circuítos dopaminérxicos. Por Juan Pérez Fernández e Carmen Núñez González / UVigo

Á procura dos 30 pasaxeiros que desembarcaron en Santa Elena: pode expandirse o gromo?

A prioridade das autoridades sanitarias pasa por identificar e seguir os contactos para evitar a propagación da enfermidade

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

A USC e Cambridge descobren un mecanismo clave na neurodexeneración e na neuroreparación

O traballo publicado en 'Nature' suxire un cambio de paradigma na comprensión de enfermidades como a esclerose múltiple, o alzhéimer e o párkinson