Os cans distinguen un rostro de ledicia dun enfadado

Chegas a casa enfadado logo dun duro día de traballo e o teu can non vén saudarche. Non é raro, porque é posible que perciba o teu enfado. Por primeira vez, un experimento proba que os cans diferencian entre as expresións emocionais dos rostros humanos, en concreto, discriminan entre as caras de alegría e de enfado. Ningún outro animal demostrou unha capacidade como esta.
O novo traballo foi publicado en Current Biology “Trátase da primeira evidencia sólida desta habilidade en animais non humanos para distinguir entre emocións faciais doutra especie”, declara Ludwig Huber, coautor do traballo no Instituto Messerli da Universidade de Viena (Austria).
Nin sequera chimpancés, orangutáns ou gorilas amosaron ser capaces de distinguir os sentimentos nos rostros doutras especies. O primatólogo Frans de Waal, que non participou nesta investigación, confirma que “existen centos de estudos que mostran que os primates recoñecen expresións faciais, pero solo dos seus propios conxéneres”. En xeral, para os animais, “distinguir as emocións doutras especies non é moi interesante, porque que gañarían con iso?”, pregúntase. Con todo, os cans son unha excepción: “Alimentámolos para que convivan connosco, así que non é sorprendente que desenvolvan esta habilidade”.

Os cans asocian un sorriso humano a un significado positivo

Para chegar a estas conclusións, os investigadores fixeron un experimento con cans de diferentes razas como retrievers, pastores, border collies, terrier e mongrels. Amosáronlles imaxes con rostros de ledicia e enfado, tanto completas como de rasgos faciais soltos de ollos ou beizos. E acertaron coas caras que expresaban ledicia, pola que recibían unha recompensa.
Os investigadores cren que os cans saben que esas dúas expresións teñen diferentes significados; é dicir, que asocian un rostro ledo a un significado positivo e un rostro enfadado a un negativo.
Ademais, para os investigadores sería interesante comprobar se os cans comparten os nosos sentimentos, se amosan empatía, e se esa é unha das razóns polas que teñen unha relación tan estreita coas persoas.”Se sabemos que os animais son capaces de ler, comprender e reaccionar ás nosas emocións, esta investigación terá un gran impacto no coñecemento sobre as interaccións entre humanos e animais e no benestar animal”, conclúen.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que sentían realmente ao escribir cartas hai 500 anos? Así o descifra a IA

Un proxecto do CSIC Galicia desenvolve modelos computacionais capaces de identificar e clasificar emocións en correspondencia histórica entre os séculos XVI e XVIII

Ter can durante a adolescencia favorece a saúde mental e a empatía

Un equipo do Xapón relaciona o efecto emocional con cambios no microbioma, que inflúen no comportamento e nas interaccións sociais

Da Lanzada a Barreiros: levar o teu can á praia pon en serio perigo as aves acuáticas

Un estudo da USC revela que o 98% das perturbacións ás especies costeiras foron provocadas por animais domésticos soltos

O teu can sobreviviría só na natureza?

Valerie desapareceu nunha illa australiana a onde fora de vacacións coa súa familia e 500 días despois constatouse a súa adaptación á vida salvaxe