Unha cadea de neuronas sabe onde aparcaches o coche

O hipocampo encárgase de recordarnos onde aparcamos.
O hipocampo encárgase de recordarnos onde aparcamos.

Saímos pola mañá de casa coas chaves na man e miramos ao noso redor durante uns segundos pensando onde aparquei onte… A resposta está no noso hipocampo, unha rexión cerebral responsable de almacenar e recuperar recordos de diferentes contornas. Trátase da rexión do cerebro implicada na memoria e na orientación espacial. Do mesmo xeito que o resto do cerebro, está formado por neuronas e estas neuronas comunícanse as unhas coas outras enviando pequenos impulsos eléctricos. E, cando temos que orientarnos, estas células nerviosas actúan como as pedriñas ou as frangullas de pan no conto ‘Polgariño’ de Perrault. Ou como as fichas que vai comendo o tradicional videoxogo ‘Comecocos‘.

Un grupo de investigadores explicou como o cerebro mantén o rexistro das contornas coas que interactuamos a diario. Tras monitorar a actividade de neuronas illadas do hipocampo, o noso cerebro asigna cada lugar a unha destas neuronas. É o que se coñece como place cells e o seu descubrimento supuxo o Premio Nobel de Medicina no 2014.

Unha serie de neuronas, sempre as mesmas, actívanse no noso cerebro ó realizar un hábito

Deste xeito, cada mañá, unha serie de neuronas, sempre as mesmas, actívanse no noso cerebro segundo avanzamos no noso camiño. A orde das neuronas é sempre a mesma e isto fai que o noso cerebro o recoñeza coma un patrón.

Este patrón é o mapa que utiliza o noso cerebro para saber onde estamos e é habitual que cando lembramos o lugar onde comeza actívese toda a cadea de neuronas, permitíndonos lembrar o camiño completo en orde. Por iso, polas mañás, é máis fácil que lembremos onde aparcamos o coche unha vez que chegamos á rúa, onde polo simple feito de estar alí as neuronas desa zona actívanse.

Se aínda así non atopamos o noso vehículo pode servir de axuda lembrar que fixemos xusto antes de aparcar e por que camiño fomos, activando dese modo un engrama, isto é, a primeira das neuronas da secuencia, que disparará ao resto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.