O 85% dos nenos españois abusa do sal

Un recente estudo, realizado por un equipo de científicos da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e publicado no European Journal of Nutrition, analiza a inxesta de sal nos nenos. Este compoñente é un dos aditivos máis usados na alimentación pero, un consumo excesivo, pode xerar numerosos problemas de saúde, como hipertensión, osteoporose ou obesidade. Os rapaces son un grupo sensible xa que é na infancia onde se conforman os hábitos alimentarios.

Os resultados do estudo amosan que os nenos españois inxiren unha media de 7,8 gramos de sal ao día. Isto implica que o 84,5% dos menores de 10 anos e o 66,7% dos maiores de 10 consome máis sal da recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), que estipula un consumo de entre 4 e 5 gramos ao día, respectivamente.

Publicidade

Segundo os expertos, se dende cativos se comeza a consumir alimentos salgados, é moi probable que de maiores se siga a facer, de aí a necesidade de reducir as cantidades deste complementos alimentarios dende idades temperás.“Moitos pais non son conscientes de que os seus fillos, ou eles mesmos, están a tomar un exceso de sal. E pénsase que, para reducir o seu consumo, é suficiente con controlar a cantidade que se lle engade aos alimentos para cociñar”, explica a investigadora da UCM e autora principal do traballo Aránzazu Aparicio. Nos países industrializados, como é o caso de España, soamente o 20-25% do sal que se inxire provén do que as persoas cociñan.

A maior parte do sal que os adultos e nenos consumen proven do sal “oculta” nos alimentos, “especialmente dos procesados”, sinala a investigadora. Os produtos que máis conteñen esta sustancia son os embutidos, seguidos do pan e o pan de molde, a pizza e os pratos precociñados, os caldos en cubito e as salchichas.

Publicidade

Algúns sectores alimentarios comezaron a reducir o contido do sal nos seus produtos, dunha forma gradual para que os consumidores non notaran os cambios de sabor nos produtos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"

Que é o virus Nipah e por que non vai ser a próxima gran pandemia

Trátase dunha zoonose identificada por primeira vez en Malaisia en 1999, orixinada por morcegos e da que só se rexistran casos no sueste asiático

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados