Venres 19 Abril 2024

O noso cerebro toma decisións facendo estatísticas inconscientes

Os cerebros humanos están en procesamento constante de datos para realizar avaliacións estatísticas que se traducen na sensación que denominamos confianza. Este sentimento é fundamental para a toma de decisións e, a pesar da ampla evidencia de falibilidade humana, a sensación subxectiva baséase en cálculos obxectivos.

A autoconfianza segue uns cálculos estatísticos realizados polo cerebro de maneira similar a como o fai un computador, afirma o estudo levado a cabo en Cold  Spring Harbor Laboratory (Nova York) e publicado na revista Neuron.

Publicidade

Adam Kepecs, profesor de investigación de neurociencia neste centro e autor principal do traballo, desenvolveu un modelo sobre a confianza, pero o seu obxectivo futuro é pescudar onde se sitúa este sistema estatístico interno no cerebro e como fai o procesamento de datos.

O obxectivo é pescudar onde está este sistema estatístico e como procesa os datos

O sentimento de seguridade nun mesmo a miúdo relaciónase con decisións importantes, tales como a elección dunha carreira ou os investimentos financeiros. E tamén guía as opcións sobre as accións do día a día.

“Cada vez que tomamos unha decisión, necesitamos confianza. Sen un mecanismo preciso que nos permitise fiarnos dos nosos actos, sería moi difícil elixir ou valorar as diferentes eleccións. A confianza humana é un sentimento, pero tamén hai unha noción científica que se basea en métodos estatísticos que calculan a certeza dunha hipótese”, agrega Kepecs.

Para chegar a unha conclusión estatística é necesario un estudo previo dun conxunto de datos, entón, como fai o cerebro humano para conseguir unha conclusión?.

Os estudos previos de confianza concluíron que en gran medida a sensación provén de aproximacións e heurística imperfectas pero útil como regra xeral. Noutras palabras, os sentimentos de confianza teñen algo de obxectividade, pero ao final, aínda son atallos propensos a erros para o verdadeiro cálculo estatístico. “A xente a miúdo céntrase nas situacións nas que a confianza está fóra da realidade”, di Kepecs.

Co fin de determinar se o sentimento humano de confianza constrúese mediante cálculos, Kepecs, en colaboración co seu colega Joshua Sanders, creou unha serie de videoxogos para comparar o rendemento humano e do computador.

Fixeron escoitar a voluntarios sons de clics e pedíronlles que  determinasen cales eran máis rápidos. Daquela os participantes cualificaron a fiabilidade de cada opción nunha escala de un a cinco. O equipo atopou que as respostas humanas eran similares aos cálculos estatísticos computacionales, capaces de extraer patróns dos datos.

“Os humanos son aínda mellores que os ordenadores para resolver problemas complexos”

O modelo de Kepecs sobre a confianza humana mantivo a súa consistencia noutro experimento de seguimento no que os participantes responderon a preguntas que comparaban as poboacións de diferentes países. A diferenza da proba de percepción, leste tiña a complexidade engadida da base de coñecemento individual de cada voluntario.

Incluso as debilidades humanas, como ser demasiado confiado en decisións difíciles con datos escasos, ou ser indeciso en cuestións fáciles, foron compatibles co modelo. “Esta sensación subxectiva da confianza baséase en cálculos estatísticos, non é algo heurístico nin un atallo”, subliña o autor.

Kepecs planea utilizar o seu modelo como punto de partida para buscar a sede da confianza no cerebro e comprender o seu sistema de circuítos neuronais. “Ter unha teoría acerca desta sensación é un primeiro paso necesario para pescudar como se xestiona no cerebro e a forma na que as células nerviosas realizan este proceso”.

O traballo podía ter tamén implicacións en campos como a estatística e, en particular, na aprendizaxe automática. “Os seres humanos son aínda mellores que os computadores para resolver problemas complexos”, di o neurocientífico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se desenvolve o medo no cerebro

Neurobiólogos da Universidade de California descubriron en ratos como a tensión e o abafo convértense en afeccións como o trastorno de estrés postraumático

Por que o cerebro dos vertebrados é tan complexo? A clave está en virus antigos

Uunha secuencia xenética derivada de primitivos retrovirus resulta esencial para producir mielina, a capa que protexe as fibras nerviosas

Unha técnica biomatemática monitoriza a evolución do dano en accidentes cerebrovasculares

O tecido cortical que aínda mostra actividade nun encefalograma pode estar a sufrir xa a morte irreversible das capas neuronais máis superficiais

O cerebro ten a súa propia wifi: comunicacións sen cable do sistema nervioso

Científicos deseñan os primeiros mapas das conexións 'wireless' nun ser vivo mudando a comprensión do funcionamiento neuronal