Xoves 18 Abril 2024

Os placebos son máis eficaces cando parecen caros

O diñeiro resulta moi suxestivo. Tanto, que o cerebro está máis disposto ao autoengano cando median cartos. Un estudo en persoas con párkinson probou que os medicamentos cun prezo elevado xeran máis expectativas de mellora que os baratos. Ante a perspectiva de curación, o cerebro libera dopamina, precisamente a sustancia que necesitan os enfermos de párkinson para mellorar as súas funcións motoras. O mesmo remedio curaba máis cando se lles dicía aos pacientes que custaba 1.300 euros que cando se lle daba o precio real: 90 euros.
Os medicamentos, ademáis das súas funcións propias, crean expectativas de curación nos pacientes. En numerosas ocasións, estas esperanzas producen unha melloría similar ou maior á que producen os fármacos, o que se coñece como efecto placebo. O novo estudo, levado a cabo por investigadores da Academia Estadounidense de Neuroloxía, indica que este efecto é maior cando o prezo dos remedios é elevado. O artigo foi publicado na revista da academia, American Academy of Neurology.

Cando coñeceron a verdade, os pacientes se abraiaron da gran diferenza que notaran

“As expectativas desempeñan un papel importante na eficacia dos tratamentos, sobre todo en persoas con enfermidade de Parkinson”, explica o venezolano Alberto J. Espay, investigador en neuroloxía da Universidade de Cincinnati (EUA) e autor principal do artigo.
A investigación levouse a cabo en 12 pacientes con esta patoloxía. Os científicos administraron a cada un deles dúas doses de placebo-una solución salina-, indicándolles que se trataba de dous medicamentos diferentes, igualmente efectivos, pero de diferente prezo, uns 90 e 1.300 euros, respectivamente. Antes e despois de cada toma, os participantes pasaron varias probas para medir as súas habilidades motoras e sometéronse a escáneres para medir a actividade cerebral.
Ao tomar o fármaco etiquetado como caro, os pacientes melloraron nun 28% as súas habilidades motoras en comparación a cando tomaban o barato. Os resultados da resonancia magnética tamén mostraron unha diferenza a favor do medicamento de maior valor económico.
Cando se informou os participantes da natureza do estudo, os pacientes mostraron asombro pola gran diferenza que notaran. Un dato importante é que o párkinson pode ser máis sensible ao efecto placebo, xa que a segregación de dopamina está relacionada cos estados de ánimo. A única limitación para aplicar este estudo na práctica é que a percepción de “caro” e “barato” non é a mesma en todos os cidadáns. “Sería interesante coñecer en que casos un medicamento de 90 euros é considerado barato”, sinalan os investigadores.

Publicidade

1 comentario


  1. incredible!
    Así funciona a manipulación capitalista histórica… nin nos damos conta!
    Pero ben! Según conclúe o estudo, polo que entendo… facer feliz a un conta como menciña!!!
    É dicir, exemplo: eu sufro calquera patoloxía nerviosa, e gústanme os gatos (gato=cartos, neste símil), pero non adoito tocar moitos por X motivo… logo, se levo un gato á miña casa melloraría a miña doenza??? E se levo macho e femia e se fai familia curo de todo????
    Pregunta ao aire 😛

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pesticidas e párkinson: unha conexión fóra de toda dúbida

Diferentes estudos realizados demostran que ata dez insecticidas, funxicidas e herbicidas producen danos neuronais asociados a esta doenza.

Investigadores galegos participan nun ensaio para un fármaco oral contra a covid

O equipo analizou a eficacia e seguridade do medicamento para doentes ambulatorios da enfermidade

A procura para converter o cánnabis nun potente medicamento

A marihuana resulta prometedora para tratar enfermidades como a depresión, a artrite e a epilesia

Ata que punto é seguro o Nolotil?

O antiinflamatorio produce reaccións adversas nocivas cun uso incorrecto. Se se administra adecuadamente é eficaz para determinadas doenzas