O derradeiro minuto de xuño terá 61 segundos

Dende 1972 existen minutos cun segundo de máis para readaptar o calendario humano co movemento dos astros. O próximo segundo extra será na noite do 30 de xuño ao 1 de xullo. Non obstante, hai moitos países en contra dese ‘segundo extra’, e amósanse máis partidarios de engadir unha hora cada 600 anos. Este segundo engadido é necesario para manter os estándares sincronizados cos calendarios civís, que teñen base astronómica.
A noite do 30 de xuño ao 1 de xullo, entre as 23:59 e as 00:00 horas, terá polo tanto un segundo máis. Aínda que, como é unha operación simultánea en todo o planeta Terra, técnicamente na hora de España o segundo extra vaise anotar ás 00.59 horas xa do mércores, porque a hora española é Greenwich +1, unha hora sobre o Tempo Universal Coordinado (UTC+1).
Fora deste tecnicismo tan preciso, para dicilo claramente, o 30 de xuño ten un segundo máis. O Servizo Internacional de Rotación da Terra e Sistemas de Referencia (IERS) do Observatorio de París anunciou a decisión. Dende o ano 1972 se engadiu un segundo máis nun total de 26 ocasións. A última vez que se engadiu este segundo ‘extra’ foi en 2012.

En 2012, houbo un desorde en Internet, que interpretou o cambio como un erro

Malia que os cidadáns non notarán a diferenza, “os grandes sistemas de navegación por satélite e os sistemas de sincronización das grandes redes de computadores deberán tomar en conta esta modificación para non ter problemas coas súas aplicacións informáticas”, explica Daniel Gambis, director do Servizo de Rotación da Terra.
Ese segundo ás 23:59:60 podería causar unha gran desorde en Internet como xa sucedeu en 2012 cando os servidores de  Reddit ou LinkedIN o interpretaron como un erro.
A longo prazo, a Terra ten unha tendencia a desacelerarse, pola atracción gravitacional entre a Lúa e o Sol, responsable das mareas. Así mesmo, tamén depende de movementos atmosféricos, variacións dos xeos e forzas como os sismos.
Este segundo engadido chámase técnicamente ‘segundo intercalar’ e permite manter os estándares sincronizados cos calendarios civís, que teñen unha base astronómica.
A Unión Internacional de Telecomunicacións propuxo engadirlle unha hora ao reloxo cada 600 anos e abolir este tempo intercalar. China e Gran Bretaña opóñense ao cambio, pero Estados Unidos, Italia, Francia, Alemaña, Xapón e Rusia apóiano e, entre as alternativas, figura retroceder ao reloxo unha hora cando a variación acumule un atraso de media hora. Segundo os cálculos da Universidade de Bonn, iso acontecería en 2600.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres que o teu nome chegue á Lúa? Así o podes facer coa nova iniciativa da NASA

Os usuarios poderán participar no programa Artemis da axencia espacial enviando os seus datos, que se gardarán nunha memoria USB e voarán xunto á tripulación

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos

Ver a eclipse de Lúa de Sangue é máis doado do que parece: como e onde facelo en Galicia

O fenómeno non será igual de visible en toda a comunidade pero para observalo non se precisará de ningunha protección

A Terra xirou máis rápido o 5 de agosto: así se explica este fenómeno

A rotación do planeta adiantouse 1,33 milisegundos, converténdoo nun dos días máis curtos do ano, resultado da combinación de factores atmosféricos, oceánicos e gravitatorios