O científico que se deixou picar o pene por abellas, gañador do Ig Nobel

Un ano máis, os premios Ig Nobel recoñecen as investigacións máis absurdas. A prestixiosa Universidade de Harvard (Estados Unidos) púxose de gala para esta parodia dos Nobel suecos, que fan un xogo de palabras: ‘Ignoble’ significa ‘Innoble’.
O gran gañador da gala foi Michael L. Smith, estudante de posgrao da Universidade Cornell, que se deixou picar 3 veces por abellas no pene para facer un experimento. O traballo incluía 25 zonas corporais para avaliar a dor sentida nunha escala de 1 a 10. Administrouse 5 picadelas de abella diarios durante 38 días en sitios con sensibilidade moi distinta como a planta do pé, o escroto, as nádegas ou o coiro cabeludo.

O Instituto Max Plack foi premiado por descubrir que a expresión ‘huh’ é universal

Finalmente, os puntos menos dolorosos para Smith foron o cranio, a punta do dedo corazón do pé e o brazo (os 3 cunha puntuación de 2.3 sobre 10). Os máis dolorosos foron o pene (7.3), o beizo superior (8.7) e a aleta do nariz (9).
Dous investigadores do Instituto Max Planck de Psicolingüística en Nijmegen (Holanda) gañaron o Premio Ig Nobel de Literatura por determinar que a expresión ‘huh’ (equivalente ao galego ‘eh’) é usada en idiomas de todo o mundo, incluíndo algúns dos máis inusuais.
O equipo dirixido por Patricia Yang (EE.UU.) recibiu o Ig Nobel de Física por descubrir que case todos os mamíferos tardan 21 segundos en mexar, ata que baleiran por completo as súas vexigas. “Atopamos a lei de ouriñar“, explicaron os científicos no escenario.
O premio Ig Nobel de Bioloxía foi para uns investigadores de Chile, que descubriron que se lle pos un pau na cola a unha galiña anda como o facían os dinosauros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un ensaio na Serra do Candán propón cambiar a disposición das colmeas para frear o ácaro que arrasa as abellas

A estratexia baséase en xirar as estruturas 90 graos para crear un ambiente máis húmido que axude a cortar a reprodución do parasito

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

Si, aos lagartos gústalles a pizza: esta é a ciencia máis divertida premiada nos Ig Nobel

De vacas raiadas a lagartixas 'gourmet', pasando por uñas, zapatos e a receita cientificamente perfecta de salsa de pasta

Carracha, chinche ou mosquito? Aprende a identificar a picadura de cada becho

Dende a inchazón leve da picada dunha abella a pequenas manchas vermellas en nocellos e pernas causadas por pulgas