Venres 29 Marzo 2024

O alcohol non mata neuronas

Castigado polos efectos da noite de San Xoán? Un consumo abusivo de viño, queimada e licor café? Poida que teñas resaca. Pero, dende logo, tes as mesmas neuronas que antes de saltar as fogueiras. Máis ou menos, porque o cerebro humano ten uns 100.000 millóns delas. E hoxe sabemos que se crean novas ao longo da vida. Pero o certo é que o mito de que o alcohol mata neuronas non é máis que unha lenda urbana. Varios estudos desmenten esta loiada. E aportan unha boa nova: o dano que o alcohol fai no cerebro é reversible.

A borracheira ten efectos sobre a percepción visual.
A borracheira ten efectos sobre a percepción visual.

De feito, a deterioración mental perceptible nos alcohólicos ten pouco que ver con que morra neurona ningunha. Para aniquilar calquera tipo de célula, necesítanse altas concentracións de alcohol -próximas ao 100%-, e comezamos a emborracharnos a partir dun nivel en sangue mil veces máis baixo: do 0,1%.
O alcohol afecta máis ben ás conexións neuronais do cerebelo, zona da que dependen a aprendizaxe e a coordinación motora. Pero, como se pode comprobar nas autopsias, os encéfalos dos abstemios e os adictos á botella teñen o mesmo número de neuronas. É a súa calidade, non a cantidade, o que sofre coas borracheiras.
A bebida probablemente non destrúe as células cerebrais. Hai xa 22 anos que a lenda urbana foi desmontada, aínda que segue a estar vixente. Dous doutores daneses, Grethe Badsberg Jensen e Bente Pakkenberg, da Universidade de Arhus, foron os responsables de clarexar o tema. Estes científicos estudaron os cerebros de cadáveres de alcohólicos crónicos para determinar se a demencia e perda de memoria asociadas ao alcoholismo podían deberse a unha redución do número de células cerebrais. E os resultados demostraron que o alcohol non mata as neuronas, senón que destrúe as súas conexións (a través de axóns e dentritas). Como estes elementos poden volver crecer, a boa noticia é que o descubrimento achega novas probas de que, se os alcohólicos logran abandonar a súa adicción, poden recuperar parcial ou mesmo totalmente a súa función cerebral normal.

Nos alcohólicos diminúe a substancia branca e falla unha vitamina: a tiamina

Como se explican entón a demencia e a perda de memoria asociadas ao alcoholismo? A resposta podería atoparse noutra parte do cerebro denominado arquicórtex, estrutura que desempeña un papel importante na memoria. Observouse entón que a relación peso/volume do arquicórtex era en media un 30% menor nos alcohólicos. Tamén observaron nos cerebros dos alcohólicos unha redución do 11% na relación peso/volume de substancia branca, que tende a corresponder a funcións cerebrais básicas, como o reflexo de fuxida ou enfrontamento, o medo e a resposta sexual.
As últimas investigacións relacionan estes desequilibrios cun déficit en tiamina, unha vitamina B que o alcohol pode inhibir. Unha dieta que incorpore tiamina, despois de que un alcohólico deixe a bebida, podería acelerar a recuperación do seu cerebro. Aínda que isto aínda é especulativo. A certeza é que o alcohol non mata neuronas. Seica unha boa nova para a resaca da noite de San Xoán.

Publicidade

1 comentario

  1. Eu coido que se ten que comer moita sardiña para recobrar a mielina perdida en tales días. Quen di sardiña, di xurelo. E boas ensaladas de tomates da casa. Por dicir algo, vaia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se desenvolve o medo no cerebro

Neurobiólogos da Universidade de California descubriron en ratos como a tensión e o abafo convértense en afeccións como o trastorno de estrés postraumático

Por que o cerebro dos vertebrados é tan complexo? A clave está en virus antigos

Uunha secuencia xenética derivada de primitivos retrovirus resulta esencial para producir mielina, a capa que protexe as fibras nerviosas

Unha técnica biomatemática monitoriza a evolución do dano en accidentes cerebrovasculares

O tecido cortical que aínda mostra actividade nun encefalograma pode estar a sufrir xa a morte irreversible das capas neuronais máis superficiais

O cerebro ten a súa propia wifi: comunicacións sen cable do sistema nervioso

Científicos deseñan os primeiros mapas das conexións 'wireless' nun ser vivo mudando a comprensión do funcionamiento neuronal